29 de xul. de 2015

A GUARDA

MÚSICA E CINEMA NA PRAZA DO RELÓ

O espectáculo estará presentado polo actor e director guardés Nani Matos

 

Infogauda / A Guarda


O xoves día 30 de xullo, a Agrupación Municipal de A Guarda organiza, dentro dos eventos conmemorativos do seu X aniversario e coa colaboración do Concello, un Concerto de Bandas Sonoras de Películas.

 Mentres a Banda Municipal interpreta as bandas sonoras más relevantes tanto do cine nacional coma do internacional, os asistentes ó espectáculo poderán desfrutar coa proxección das imaxes das películas ás que pertencen.

 Entre outros temas, a agrupación deleitará coa banda sonora dalgunha película de Charles Chaplin, de Piratas do Caribe, da Pantera Rosa, da Máscara do Zorro ou da película Memorias de África.

 O espectáculo estará presentado polo actor e director guardés Nani Matos.

 A cita será ás 22:30 horas na Praza do Reló.


A entrada é totalmente gratuita e o espectáculo é apto para todo tipo de público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario