O PP da Guarda levou 5 mocións a pleno e 10
preguntas ao Grupo de goberno
Compoñentes do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O Grupo Popular da Guarda presentou no para o seu debate no pleno celebrado
o martes día 28 de xullo de 2015, cinco mocións distintas e preguntou ademais por varias cuestións de interese
local.
TURISMO
Entre as preguntas ao Grupo de
Goberno destacou o interese dos populares "pola promoción e a evolución do Turismo de A Guarda".
A voceira do PP, Conchi Ortega,
preguntou "se había datos do número de visitantes ao concello durante o que levamos
de verán, posto que sería importante saber, segundo ela, se se incrementou o Turismo como na media do resto dos concellos, posto que é importante para facer
un seguimento das visitas e mellorar, na medida do posible, as campañas de
promoción de A Guarda".
Neste sentido preguntaron tamén
polas medidas que se adoptaron para a promoción do turismo e pola colocación
das vallas publicitarias do concello convidando aos turistas a visitar a vila
guardesa.
En canto á Festa da Lagosta, os
populares esixíronlle á responsable de Turismo que "explicara porque nesta
ocasión só había na carpa 4 restaurantes cando normalmente se xuntaban máis de
unha ducia".
ACTOS VANDÁLICOS
Os populares, preocupados polo
aumento de actos vandálicos nos últimos tempos, como por exemplo as pintadas no
Centro Cultural, preguntaron ao Grupo de Goberno "(...) se durante a celebración da Festa do Monte Santa Trega van permitir a acampada en calquera zona do Concello ou van
habilitar unha zona para elo".
Os populares consideran que "o
Goberno local ten que explicar tamén que medidas se van tomar para controlar
estes actos vándalicos durante a noite e se se van colocar baños na zona da Alameda durante as festas".
PLAN DE LIMPEZA
Tralas queixas dos veciños ao
estado das rúas e beirarrúas de A Guarda, sucias e con manchas aínda da Festa do
Monte Santa Trega do ano pasado, Conchi Ortega preguntou ao Grupo de Goberno "o motivo polo
que non se limpaban as beirarrúas coas máquinas axeitadas como se fixo noutras
ocasións. (O ano pasado empregouse unha hidrolimpadora)".
Os populares non poñen en
dúbida o traballo dos limpadores municipais, pero si a falta de medios para
facer o seu traballo.
Por iso, os populares
suxeríronlle ao Grupo de Goberno "(...) que alugase, se non podía comprar, as máquinas
necesarias para facer unha limpeza en condicións e deixar ben limpas por unha
boa temporada, as rúas e beirarrúas da Guarda".
PROTECCIÓN CIVIL
En canto á situación do
voluntariado de Protección Civil, os populares preguntaron "se a agrupación
municipal estaba preparada para saír a facer calquera actuación de emerxencia,
se había un coordinador interno na agrupación e se estaban rexistradas as
persoas voluntarias que traballan na actualidade".
Ortega preguntou ademais cando
ten pensado o Goberno local reparar a varanda de protección da Rúa Circunvalacion
que ao ter os anclaxes podres supoñen un gran perigo para os viandantes. O grupo maioritario da oposición criticou "o lamentable estado das instalacións de skate e do mobiliario de
xogos infantís nas inmediacións do Museo do Mar nos que ademais está previsto a
celebración do Galifornia Beat" e preguntaron o grupo de goberno "cando teñen pensado arranxar o problema dos
vertidos de fecais que hai na praia do Fedorento".
Ningún comentario:
Publicar un comentario