Satisfacción dos Populares de A Guarda ao prosperar tres das súas mocions por unanimidade
Conchi Ortega Martínez, concelleira portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O Partido Popular amósase satisfeito co trascorrer do pleno ordinario do pasado día 28 de xullo, onde se presentaron 5 mocións é 11 preguntas.
GRUPO EMERXENCIAS
Prosperou a moción sobre o Grupo de Emerxencias, que foi a primeira presentada polos populares guardeses, pois consideran que "é prioritario apoiar aos medios para axudar a evitar riscos nas persoas". Non só se sinten "satisfeitos pola moción que prosperou, senón porque facéndoa pública fai mais de un mes, outros grupos políticos tomaron conciencia do problema, e se abriu un debate na rúa e nos grupos, o cal resultou positivo", e cree Ortega que "é o comenzo de un camiño sen retorno para manter e mellorar o Grupo de Emerxencias Supramunicipal na Guarda".
LIMPEZA CONTENEDORES
Tamén prosperou a moción sobre a limpeza dos contenedores de lixo, unha demanda que os veciños lle fixeron chegar en moitas ocasiones a portavoz popular, e que perxudica tamén os restaurantes do porto.
DUCHA NO CANGREXAL
Prosperou outra moción sobre a ducha ou lavapés para a Praia do Cangrexal. Unha nova praia dentro do Porto, que por tanto é urbana e de fácil acceso para todo o mundo, especialmente para aquela persoas que non poden desplazarse a outras un pouco mas alonxadas do casco urbano.
Ortega di que aprazaron "a moción da páxina web de denuncias e suxestións, porque vaise facer de inmediato unha páxina web segundo anunciou o Grupo do Goberno". Di que "queda aprazada ata coñecer esa nova web para saber se lles satisface".
En canto a moción da reubicación das casetas de Turismo, queda pendente, xa que solicitaron "que se convoque unha Mesa de Turismo, onde se lle dea voz ao sector hostaleiro, xunto cos grupos municipais, e sexa nesa mesa onde se decida. Que se cree esta Mesa onde as iniciativas de Turismo partan do sector, nos satisface aínda moito mais que a propia moción. Para nós, que se cree ademáis da Mesa do Comercio a Mesa de Turismo, sempre foi unha prioridade que parece que en breve pode materializarse".
Ortega dixo que dende o principio no seu ánimo "estaba facer unha oposición constructiva, levando a voz das necesidades que os veciños lle trasmiten aos plenos, e intentando o consenso para que prosperen esas mocións". Afirma tamén que amosaron a súa disposición "a traballar por A Guarda, en colaboración con todolos grupos políticos, polo que agradece o apoio das súas propostas polo ben de A Guarda".
Ningún comentario:
Publicar un comentario