29 de xul. de 2015

A GUARDA

CULTURA

JOANA LOMBA TRIGO, AUTORA DA NOVELA "REFLEJOS": "O QUE ME FAE REALMENTE FELIZ É VER COMO A XENTE DISFRUTA DE ALGO QUE EU MISMA CREEI"


A presentación da publicación será o día 21 no local Art Café, ás 20:30 horas



Joana Lomba Trigo, escritora de A Guarda, autora de "Reflejos", unha novela de trama innovadora


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Joana Lomba Trigo (A Guarda, 1993), estuda Linguas e Literaturas Modernas na USC. Apaixonada da Literatura e a escritura dende pequena, da vida á súa primeira novela, "Reflejos", ós 20 anos. Con esta xovencísima escritora, vimos de manter á seguinte entrevista:

Desde cando ven teu interese pola Literatura?
- A miña nai lee moitísimo, e grazas a ela, dende pequena sentín o gusto polos libros. Pero o interese pola Literatura en xeral, teño que dicir que chegou bastante tarde. Realmente eu era unha moza de Ciencias! O problema era que estudar Química para min era como darme coa cabeza contra unha parede,...[risas]. E un día decidín cambiar drásticamente, guiándome polo meu gusto polos idiomas, e paseime ao Bacharelato de Letras. Foi unha das mellores decisións da miña vida! Tiven a asignatura de Literatura Universal, que impartía unha profesora chamada Eva, a cal débolle o meu actual amor pola misma. Inda hoxe sigo asombrada por como pode influir no interese que tes sobre un tema, a forma en que cho ensinen.


Cómo e cando xurdiu “Reflejos”?
- A historia de "Reflejos" comezou cun traballo de Lingua Española, en primeiro de bacharelato. Simplemente tiñamos que escribir un conto, para plasmar certas características lingüísticas que estabamos a estudar nesa asignatura. Xa de aquela me quedara bastante xeitoso, para o que se esixía. E sen poder evitalo, empezáronseme a ocurrir máis e máis ideas, así que un ano despois retomei o meu borrador e desenvolvinas ata que se converteron en 204 páxinas,... [risas].
Que nos podes decir do proceso de xestación deste libro?
- A verdade, moita xente me pregunta canto tempo me levou escribir a novela, e a historia en sí escribina en poucos meses. Tiña todas as ideas frescas na mente, e recordo estar en época de exames finais, pero eu non estaba tranquila ata que non plasmaba o que tiña nese momento na cabeza. A inspiración é moi caprichosa, e cando ven hai que deixalo todo, non se pode deixar pasar, porque non sabes cando quererá volver. De feito, tiven algún momento de bloqueo, pero ahí estaba miña nai, que me facía de musa nos casos de urxencia,...[risas]. De non ser por ela, "Reflejos" non sería o mesmo.
 Logo tiven un pouco máis de traballo, cando ao ano seguinte quixen arranxar os detalles para enviar a novela á editorial. Pero sobre todo, a peor fase sucedeu cando tiven que revisala para poder mandala á imprenta. Sempre me quedaban erros atrás, non me chegan os dedos das mans e dos pes para contar todas as veces que lin a miña propia obra! [risas]. E iso tamén era un problema, porque había moitas cousas que xa lía por inercia, polo que algúns erros pasaban desapercibidos.
Cál foi o motivo polo que decidiches publica-lo na lingua de Cervantes?
- Eu considérome unha persona bilingüe, e de feito encántame falar en galego, pero crecín pensando en castelán así que é nesa lingua na que teño maior soltura, e na que a miña imaxinación ten máis vías de escape.
E a túa “opera prima”?
- Sí, nunca escribira nada antes de "Reflejos". E o feito de que a editorial confiara nesta obra, é algo realmente increíble. Non teño palabras para estar agradecida.
Que nos podes adiantar de “Reflejos”?
- Xa hai bastantes persoas que leron a obra, ás cales lles teño que agradecer o seu interese. Pero para aquelas que aínda non a coñecen, podo dicirlles que é unha novela de misterio, (incluso de medo, según a opinión dalgúns dos meus amigos [risas]) que non deixa indiferente. Con xiros inesperados e unha trama innovadora.
Estaredes desexando saber que sucede no seguinte capítulo!
A qué tipo de lectores vai dirixido “Reflejos”?
- A todo o mundo, cando escribín o libro, non pensei en quen serían os lectores, pois calquera pode disfrutar coa literatura. De feito, o que máis me gustaría, non é que lle a novela fora do agrado de todos (son consciente de que iso é algo imposible,...[risas]), se non que quero coñecer as críticas de persoas con diferentes gustos, e ver que tipo de sensacións causa en cada un, que é o que inspiran as miñas palabras nos demais.
Que mensaxe subliminal conlevaba a frase “Vigila tu hambre”, que deches a coñecer nos días previos á posta á venda do teu libro?
- Non podo dicir a que se debe esa frase, se non destriparía a historia! [risas]. Pero quen a lía quedaba pensando en que significaría, e esa era a cuestión, semear o suspense xa dende o principio.
O libro semella que vai “saíndo”, a traverso do teu circo de amizades. Cómo está sendo a acollida?
- Por agora moi boa, a verdade. As críticas que teño recibido foron todas moi produtivas. O que me fae realmente feliz é ver como a xente disfruta de algo que eu misma creei. É a mellor sensación do mundo, saber que están pasando un bo rato grazas a min, e que desexan poder pasar de páxina e continuar lendo para chegar ao ansiado final.
Non consideras necesaria súa presentación?
- Por suposto que sí, é unha forma máis de dar a coñecer a miña obra, posto que ao ser novel, moitas persoas, incluso de por aquí cerca, non sabe da súa existencia.
 De feito, adianto que será o día 21 no Art Café, ás 20:30 horas.
 Animo a todo o mundo a achegarse e pasar un rato agradable, con "Reflejos", e comigo!

1 comentario:

  1. Felicidades Joana,eres muy valiente y te mereces que te pase lo mejor y por supuesto espero una segunda parte.
    Ah,estoy empezando a vigilar mi hambre,jajaja.

    ResponderEliminar