O XXII ENCONTRO DOS POBOS CHEGA O AUDITORIO DE SAN BIEITO
O festival folclórico - que terá lugar no Auditorio de San Bieito - estará precedido por un desfile folclórico que arrancará dende a Alameda ás 19:00 horas
Infogauda / A Guarda
Este sábado día 25 de xullo, coincidindo coa conmemoración do Día Nacional de Galicia, se celebra
no Auditorio de San Bieito de A Guarda, o XXII Encontro dos Pobos.
Este
evento, é un festival folclórico internacional que dende hai máis de 20 anos, promove a Asociación Cultural Do Lusco ó Fusco, de A Guarda, nos concellos do Baixo Miño-
Nesta
ocasión os grupos que actuarán neste encontro serán os guardeses Vento Mareiro, Xamaraina e Do Lusco ó Fusco. Ademais estará a Colla de Bastoners d´Esplugues de Llobregat (Catalunya) e o Grupo de Folclore Tradicional Rodina, chegado
dende Bulgaria. A chegada de grupos como búlgaro, ou o catalán, danlle ese
carácter internacional a este festival que, cada ano, enche o auditorio
guardés.
O Encontro dos Pobos, organizado pola Asociación Cultural Do Lusco o Fusco, coa
colaboración do Concello da Guarda, comezará ás 19:30 horas e está aberto a
todo o público. O festival estará precedido por un desfile folclórico que
arrancará dende a Alameda ás 19:00 horas.
En
caso de choiva, o evento trasladarase ó pavillón da Sangriña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario