25 de xuño de 2015

SANTIAGO DE COMPOSTELA

TALLERES DE LECER 2015 NO CGAC
Do 7 ao 31 de xullo


CGAC / Santiago de Compostela

 Para esta edición dos Talleres de Lecer, que se vai desenvolver ao longo do mes de xullo, o CGAC conta novamente cun variado elenco de profesionais procedentes de diversas disciplinas. O colectivo trasPediante explorará cos máis pequenos o centro e a súa contorna por medio da danza contemporánea, a artista Rebeca Mariño animaraos a crear a partir da relación entre a arte e a natureza, o arquitecto Ramón Viéitez proporá un taller de arquitectura sustentable e o músico Benjamin Carter abrirá un espazo para a creación de música electrónica e hip-hop.  

 Estes talleres ofrécenlles aos máis novos unha oportunidade única para establecer contacto directo con profesionais de diferentes ámbitos da cultura e da arte, ao tempo que promoven o coñecemento activo dalgúns dos procesos de creación característicos do noso tempo.

ElectroHop!
Creación de música electrónica e hip- hop
Dirixido por Benjamin Carter
A partir dos 13 anos
Do 7 ao 10 de xullo/ 11:00- 13:00 h / 20 prazas

Removendo o CGAC
Taller de danza
Dirixido por trasPediante
De 4 a 6 anos
Do 14 ao 17 de xullo/  11:00- 13:00 h / 15 prazas

A!
Taller de arquitectura
Dirixido por Ramón Viéitez
De 10 a 12 anos
Do 21 ao 24 d xullo/  11:00- 13:00 h / 20 prazas

Rutas contemporáneas
Taller de arte e natureza
Dirixido por Rebeca Mariño
De 7 a 9 anos
Do 28 ao 31 de xullo/  11:00- 13:00 h / 20 prazas


Actividade gratuíta/ Inscrición a partir do 24 de xuño

Ningún comentario:

Publicar un comentario