86 PEMES DA PROVINCIA
CONSOLIDÁRONSE COMO EMPRESAS INNOVADORAS MEDIANTE O PROGRAMA PROPONTE DA
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
·
1
empresa de Tui naceu ao abeiro deste proxecto
·
O
prestixioso bróker internacional, Josef Ajram será o encargado de clausurar o
programa esta tarde dando conta da súa propia experiencia. “Nunca peches os
ollos, mira de frente ás adversidades”
A
Deputación de Pontevedra acolleu onte mércores a xornada de clausura do
proxecto PROPONTE. Unha sesión na que se deu conta dos resultados do acadados
trala posta en marcha deste acelerador
de empresas ao que sumaron 86 empresas da provincia.
Infogauda / Pontevedra
Comarca
|
Nº de
empresas
|
Concellos
|
||
Deza-Tabeirós
|
3
|
Lalín, Rodeiro e Forcarei
|
||
Caldas
|
2
|
Caldas de Reis e Moraña
|
||
Salnés
|
16
|
Cambados, Sanxenxo e
Vilagarcía de Arousa
|
||
Pontevedra
|
13
|
Barro, Pontevedra
|
||
O Morrazo
|
12
|
Bueu e Marín
|
||
Vigo
|
36
|
Soutomaior, Baiona, Redondela,
Gondomar, Mos, Nigrán e Vigo
|
||
Condado- Paradanta
|
4
|
Mondariz, Ponteareas
e Salvaterra de Miño
|
||
Baixo Miño
|
1
|
Tui
|
||
TOTAL
|
86
|
|||
Programa
PROPONTE
Concebido
como un servizo de consultoría e asesoramento
empresaial individualizado, o obxectivo de PROPONTE propiciou un pulo
innovador ás pemes da provincia e mellorar a súa competitividade dentro do tecido empresarial. Ese foi o motor
da posta en marcha do programa PROPONTE por parte da Deputación de Pontevedra e
a Fundación Escola de Organización industrial (EOI). Un 52,2% das pemes
adheridas a PROPONTE teñen menos de 2 anos; o 18,8%, entre 2 e 5 anos, e o 29%
restante levan máis de 5 anos funcionando.
Actividade IAE
|
%
de empresas
|
Industrias transformadoras
dos metais
|
3,49
|
Outras industrias manufactureiras
|
11,63
|
Construcción
|
2,33
|
Comercio, hospedaxe, restaurantes e reparacións
|
43,02
|
Transporte e comunicacións
|
17,44
|
Institucións financieiras, seguros, servicios prestados a empresas de
aluguer
|
10,47
|
Outros servicios
|
11,63
|
O asesoramento profesional e gratuito proporcionado permitiu que estas pequenas e
medianas empresas se consolidasen como empresas innovadoras evitanto o risco de
fracasar no seu primeiro ano de vida.
Asimesmo,
as empresas dispuxeron dun diagnóstico individual co que detectar as
capacidades da compañía para deseñar e implantar os programas de innovación
axeitados á súa actividade, así como identificar as oportunidades de negocio
para mellorar a súa xestión e desenvolver productos de maior viabilidade.
“Nunca
peches os ollos, mira de frente ás
adversidades”
A
xornada contou ademais coa participación do prestixioso bróker internacional,
Josef Ajram. Coach e triatleta barcelonés que deixou entrever os segredos que
emprega todo bo inversor valéndose no relatorio da súa propia experiencia en
dous mundos que nada teñen que ver: o deporte e a economía. Dous ámbitos que se
renden a unha fórmula maxistral baseada na constancia, a disciplina, o cálculo
de posibilidades e capacidades e unha gran dose de sentido común, segundo o
propio Josej Ajram.
O
bróker catalán repasou temas como a loita polos obxetivos, afrontar as
dificultades que imposibilitan chegar á meta perseguida, o esforzo, a vontade e
a constancia como chaves do éxito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario