20 de xuño de 2015

SALVATERRA DE MIÑO

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SUBVENCIONA A INSTALACIÓN DE CÉSPEDE SINTÉTICO NO CAMPO DE FORNELOS-OURAL, EN  SALVATERRA DE MIÑO


Cun orzamento de 442.390€ a obra será financiada nun 75% polo organismo provincial, 331.792€, en un 25% polo concello, que aporta 110.600€.

Infogauda / Salvaterra de Miño

 A Deputación de Pontevedra e o concello de Salvaterra de Miño asinarán un convenio de colaboración para cambiar a superficie do campo de fútbol de Fornelos-Oural. Segundo o proxecto aprobado este venres pola xunta de goberno provincial cambiarase a superficie de terra do actual terreo de xogo por céspede sintético co fin de evitar os problemas físicos que están a padecer os xogadores que empregan esta instalación.

 Cun orzamento de 442.390€, a obra será financiada nun 75% pola Deputación  en un 25% polo concello de  Salvaterra de Miño. Así, en base ao establecido no convenio de colaboración que asinarán ambas entidades, o organismo provincial  destina  331.792€ con cargo aos “Investimentos xestionados en cooperación cos concellos en instalación deportivas”, e o concello que aportará os 110.597€ que restan para completar a inversión.


 O obxectivo desta actuación é solucionar graves deficiencias que presenta o actual terreo de xogo e que están a impedir o desenvolvemento da práctica deportiva nunhas condicións mínimas de seguridade. Deficiencias que ademais, en termos de saúde, lle ocasionan numerosas lesións  aos futbolistas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario