GASTRONOMÍA
O COCIÑEIRO YAYO DAPORTA, PREGOEIRO DA XXV EDICIÓN DA FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA
O COCIÑEIRO YAYO DAPORTA, PREGOEIRO DA XXV EDICIÓN DA FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA
Yayo Daporta
Foto: Ovidio Aldegunde
Infogauda / A Guarda
A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira cumple este ano súa XXV edición, e os organizadores quixeron que este evento gastronómico conte con un pregoeiro que teña un vencello cos productos que se exaltan nese evento. Á persoa elexida é Yayo Daporta.
Yayo Daporta é un dos chefs máis xoves en conseguir unha Estrela Michelín, polo seu traballo - e o de Esther Daporta, elexida mellor sumiller nos Premios Mágnum do Viño Galego, pola súa traxectoria no trato os caldos autóctonos desde fai máis de unha década -, no restaurante que leva o seu nome ubicado na Rúa Hospital, nº 7, da vila de Cambados. A súa cociña está definida como unha cociña galega actualizada e está situada na primeira liña da restauración desta Terra. Nos seus pratos sempre aposta pola vangarda baseada nos produtos da terra e mar galegos.
O cociñeiro é membro do Grupo Nove, asociación que traballa en rede para a promoción da cociña galega a nivel nacional e, por exemplo, colaborou no libro “Rías Baixas, Territorio gastronómico", o que foi galardoado co premio “Gourmand, Best in The World”, o mellor exemplar de gastronomía local do mundo. Pero polo que é máis coñecido, ademais de pola súa cociña, e por formar parte do xurado da segunda edición do programa “Top Chef”, xunto os cociñeiros Alberto Chicote e Susi Díaz.
O pregón por parte de Yayo Daporta terá lugar o venres día 3 de xullo, ás 20:00 horas, na Praza do Reló. Comezará coa actuación da Banda de Música Agrupación Musical de A Guarda. Despois a festa trasladarase á carpa instalada no porto.
Ó ser o XXV aniversario da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, a programación será moi extensa e ofrecerá moitas sorpresas ós presentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario