O ESPRITO DE SOLIDARIEDADE DOS AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS CONTINÚA VIVO
Onte quedou ben patente, unha vez máis, no Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra
Avelino - segundo pola dereita - xunto con outras persoas afectadas polas preferentes e subordinadas, e polas sancions que lles foron impostas; na concentración de onte pola mañá, diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra - Foto: José Luis García Portela
José Luis García Portela / Pontevedra
Un grupo de 15 compañeiros de Avelino G.M. acompañouno na mañá de onte a Pontevedra, onde tivo lugar o xuízo polo recurso que éste presentou diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo, por unha sanción recibida no transcurso das movilizacións da Plataforma de afectados por preferentes do Baixo Miño.
A sanción por "Alteración da Orde pública, con carácter leve" (100,00 €) foille imposta polos feitos acontecidos o 30 de setembro de 2013, cando a Plataforma do Baixo Miño tentaba asistir a un pleno no Concello de O Porriño, e ao non ser permitida a entrada de tódolos afectados e do seu voceiro, comezaron a protestar ata que o alcalde ordeou celebrar o pleno a porta pechada. O xuízo, onde Avelino G.M. recurre a sanción da Subdelegación de Goberno de Pontevedra, comezou con retraso - ás 11:06 horas - coa intervención da letrada do sancionado.
Na quenda de alegacións, destaca a caducidade do procedemento, a vulneración do dereito de defensa do seu representado, a falta de probas e a falta de motivación e concreción nos feitos denunciados. Polo que solicita a nulidade da sanción.
Pola súa banda, o avogado do Estado rexeita o argumento da caducidade, que non se vulnerou o dereito a defensa ao ser a denuncia corroborada polos axentes. Non hai falla de proba porque non foi aportada nengunha testemuña pola parte demandante. Que non existe falla de motivación xa que os feitos son descritos con precisión e foron a causa da suspensión do pleno e a celebración posterior a porta pechada, como consta na acta dese día, onde se da conta dos abucheos e a suspensión do pleno.
Na quenda de proposta de probas, a avogada de Avelino, engade á documental, a testifical de Américo A.G. e de Albertina G.A., ambos os dous, compañeiros da plataforma. O avogado do Estado aporta o propio expediente administrativo.
A xuiza admite as probas e manda chamar á sa á primeira testemuña. A preguntas da letrada recurrrente, Américo A.G. afirma coñecer a Avelino polas preferentes. Que o día dos feitos, uns vinte ou trinta membros da plataforma acudiron ao salón de plenos onde foron identificados para entrar. Cando viron que non deixaban entrar a máis xente e ao seu voceiro Xulio Vicente, comezaron a protestar para que os deixaran acceder ao local. Que non insultaron a ninguén e non viu a Avelino alterar á sala nin que ningún axente procedese a identificalo e comunicarlle unha sanción.
O avogado do Estado limitouse a preguntar se a testemuña era afectada polas preferentes, ao que esta respostou que si. Á pregunta de se tiña algunha relación co sancionado, a resposta foi negativa.
O seguinte testemuño foi o de Albertina G.A., quen á preguntas da letrada do sancionado afirmou que uns vinte tantos preferentistas da Plataforma do Baixo Miño acudiron ese luns ao pleno. Tamén habia compañeiros de Redondela e do Condado. Que cando pediron que deixasen entrar a Xulio e aos demáis, os membros do consistorio deixaron o salón de plenos para logo continuar á sesión plenaria a porta pechada. Afirma a testemuña que había baleiro dabondo no salón para que poidesen entrar todos e que o seu voceiro poidese facer as súas reivindicacións. Sobre se viu que Avelino fose identificado e notificado polos axentes, respostou que non viu tal cousa.
O avogado do Estado comezou o seu interrogatorio coa pregunta de se a testemuña pertencía á plataforma do sancionado, da que obtivo unha resposta afirmativa. Logo diso, preguntou se a testemuña sabía por qué o alcalde suspendeu o pleno. Se escoitou algunha frase malsoante. A testemuña contou que os afectados decían: "Que entre Xulio". "Ou todos ou ningún". A preguntas do letrado, a testemuña non califica iso como abucheos.
Nas conclusións, a letrada de Avelino, argumenta que ao tratarse dunha falta leve, os prazos para a resolución han de ser de un mes, polo que argumenta que se produciu a caducidade do expediente sancionador. No fondo do asunto, require a nulidade da sanción porque na acta dese día dáse conta de que se celebrou o pleno a porta pechada para cesar protestas e abucheos, pero non se especifica en que consistiron éstes. A actitude de Avelino non motivou o peche do salón de plenos. É unha sanción xenérica sen especificar cal foi á sua conducta. Os axentes nono identificaron e foille notificada a sanción 3 meses despois. Polo tanto interesa a esta parte a nulidade da sanción con expresa imposición de costas á Administración.
Chegado o momento das conclusións do avogado do Estado, este comeza por rebater os prazos de caducidade, que neste caso sería o plazo ordinario de 6 meses. Non admite como válidas ás testemuñas por seren compañeiros da plataforma de Avelino. Que o pleno tivo que celebrarse á porta pechada por mor da actitude do sancionado. Pasa o letrado a dar referencias concretas dos berros do sancionado ao alcalde: "Es un mentiroso, ladróns, caciques, déspota, imputado!". A pesares de que o alcalde insta ao sancionado a desistir na súa actitude ou suspende o pleno, éste persiste: "Cobarde, ladrón! Tes medo ou que?". Na acta do pleno consta a suspensión deste e a posterior celebración a porta pechada e queda especificado que o motivo foi que despois de pedirlle varias veces aos preferentistas que cesasen as protestas, éstas continuaron.
Como conclusión, o avogado do Estado pide a desestimación da demanda.
Dando por concluso o procedemento i en espera de sentenza, a xuiza da por rematada a vista ás 11:26 h.
Logo diso, o grupo de preferentistas voltou ás súas localidades do Baixo Miño. O vindeiro mércores 10 de xuño voltarán a Pontevedra para acompañar a catro compañeiros nos seus xuízos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario