3 de xuño de 2015

A GUARDA

TODO A PUNTO PARA Á CELEBRACIÓN DO SANTÍSIMO SACRAMENTO

Será o domingo día 7 de xuño


Vista parcial do tapiz froral na Praza do Reló
Vista parcial do tramo tapizado de frores e borros de café na Praza de Ignacio Sobrino

Infogauda / A Guarda

 Co gallo da celebración do Santísimo Sacramento que na vila de A Guarda, terá lugar esta fin de semana, moitas persoas - nomeadamente mulleres, mesmo nonaxenarias - levan traballando arreo desde fai unha morea de días, nas tarefas de desfollado de frores é arbustos, que na noitiña do vindeiro sábado irán configurando fermosos tapices frorais e mesmo de sal mariña, que poderán ademirarse na mañá do domingo día 7 de xuño, ata que pase á solemne procesión.

Vistas parciais dos tapices frorais nas rúas Hernán Cortés e de un dos tramos de Concepción Arenal - Fotos: Arquivo Infogauda



Detalle do tapiz de frores no primeiro tramo da Rúa Concepción Arenal,

Panorámica do primeiro tramo e parte do segundo, na Rúa Concepción Arenal

 Desde Infogauda salientamos esta magnífica manifestación de arte efímera, e devocional, que un ano máis, o cadrar moi cedo á festividade, motiva á escaseza de determinadas frores, nomeadamente hortensias, máis en todo caso, será unha fermosa realidade grazas o traballo voluntario e altruista de decenas de veciños, que a levarán a bó termo como unha ofrenda colectiva o Santísimo Sacramento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario