30 de maio de 2015

TOMIÑO

ADETO RENOVOU SÚA XUNTA DIRECTIVA

O novo presidente da Asociación de Comerciantes de Tomiño é David Vila Magán

Infogauda / Tomiño

 Con data do 28 de maio, a Asociación de Comerciantes de Tomiño – ADETO, celebrou unha Asemblea Xeral de socios, na que se renovou e así quedou aprobada polos presentes, a nova xunta directiva da asociación, sendo o novo presidente da mesma David Vila Magán. Esta nova directiva seguirá traballando con entusiasmo polo ben dos asociados e do Comercio de Tomiño. 

 Tamén se trataron entre outros temas, as actividades a realizar de cara ó verán, como son a 2ª Feira de Oportunidades, a III Festa das Asociacións ou a Carreira Popular de Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario