29 de maio de 2015

A GUARDA

Conchi Ortega recorda que neste mandato  A Guarda recibiu máis de 5 millóns de euros en investimentos provinciais

· A presidenta local do PP convida ao alcalde en funcións a que “teña unha saída honrosa e non minta”


Conchi Ortega Martínez, presidenta local do Partido Popular de A Guarda


Infogauda / A Guarda

 O Partido Popular da Guarda critica “as mentiras” do alcalde en funcións, e recorda que neste mandato a Deputación investiu no municipio máis de cinco millóns de euros. “Convidámolo a que teña unha saída honrosa e non minta. Cando di que a Deputación de Pontevedra non lles deu nada en oito anos, nin para uns baches, está mentindo, e os datos son fácilmente comprobables e quen desexe pode consultalos”, afirmou a presidenta local do partido Conchi Ortega.

 Recorda que "(...) solo neste mandato, algúns dos gastos que a Deputación de Pontevedra fixo  na Guarda foron: 105.931 euros en Cultura; 2.517.480,73 en Cooperación; 168.596 euros para os clubs deportivos;  3.468,40 euros en infraestruturas (baixada ao Porto da Guarda); 377.929,44 euros  a través do plan de emprego provincial; e 2.042.044,96 euros no plan de investimentos".

A presidenta local do PP manifesta tamén que, "(...) pese a que o alcalde en funcións tapa os carteis da Deputación de Pontevedra cos carteis electorais, todos sabemos ler”, e pregúntalle: “Quen humanizou a Rúa da Cal? Quen humanizou a Rúa Ramón Sobrino? Quen humanizou a Rúa Mariano Ordóñez?… Todas elas, e algunha máis, a Deputación de Pontevedra".  

 "Ademáis as asociacións sociais y culturais tamén recibiron fondos da  Diputación. E faltar a verdade decir que a de Diputación  non deu nada", conclúe a presidenta local do Partido Popular de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario