28 de maio de 2015

PONTEVEDRA

“PONTE A COMPRAR”, O CENTRO DE COMERCIO VIRTUAL IMPULSADO POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ESTARÁ OPERATIVO EN XUÑO


·   Rafael Louzán e Amancio Varela tamén deron conta da boa acollida e resultados dos servizos prestados polos Centros Provinciais de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE) e o proxecto DepoGap
  Máis de 2.400 pemes e autónomos solicitaron  asesoramento   nas oficinas CPAE 2.0 onde se resolveron máis de 3.200 consultas.
    A xestión de activos provincias permitiu a catalogación de máis de 250.000 bens públicos nos concellos en aras do aforro enerxétivo e a participación cidadá na toma de decisións da administración local.


Infogauda / Pontevedra


 O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o responsable do servizo de  Novas Tecnoloxías do organismo provincial, Amancio Varela, fixeron esta mañá un balance da posta en marcha de varias iniciativas para a  modernización empresarial da provincia e  a  mellora da súa competitividade.  Proxectos  como DepoGap, que procura a optimización da xestión de bens e activos municipais, a apertura de 7 oficinas CPAE 2.0 para o asesoramento  especializado das máis de 64.000 pequenas empresas e autónomos da provincia, ou a  posta en marcha o próximo mes de xuño da  plataforma  de comercio electrónico “Ponte a comprar” para a comercialización en liña dos produtos propios da provincia de Pontevedra.

DepoGap: xestión de activos da provincia
 Inmersa no desenvolvemento do proxecto europeo para a xestión dos bens e activos da provincia, a Deputación de Pontevedra respalda a mellora da xestións dos concellos mediante esta iniciativa que xa permitiu a catalogación de máis de 250.000 bens públicos (30.000farolas,  2.000 km de estradas, 26.000 rúas, 12.000 contedores, etc).

 Amancio Varela puxo de manifesto  que esta “optimización de activos facilita a toma de decisión en tempo real e que a cidadanía poida participar.” O proxecto DepoGap tamén lles permite “aos concellos cumplir co RD  do Reglamento  de Bens e Entidades Locais  en aras  de unha mellor xestións dos recursos públicos”.

 A través deste proxecto DepoGap, a Deputación tamén puxo en marcha unha plataforma web que vai a permitir fomentar a participación dos cidadáns  nos asuntos públicos e que ademais lles permitirá aos responsables municipais tomar decisión en tempo real. Arestora xa se están  a cargar nesta plataforma os bens e recursos catalogados.

 Co obxectivo de promover un maior aforro enerxético, ao amparo de  DepoGap , os técnicos da Deputación tamén están a realizar diversas probas pilotos en  fogares, instalacións deportivas e edificios municipais  para conseguir reducir o gasto eléctrico, optimizar os recursos enerxéticos así como para mellorar os seus equipamentos.

Centros Provinciais de Asesoramento Empresarial 2.0
 Rafael Louzán e Amancio Varela tamén deron conta da boa acollida por parte do sector empresarial da provincia, con especial interese para pequeñas empresas e traballadores autónomos, a posta en marcha dos Centros Provinciais de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE) en marzo de 2014.

 Máis 2.413 empresas, delas o 75% Pemes  e o 25% autónomos, xa acudiron a estas oficinas para solicitar o asesoramento personalizado  e gratuíto dos  seus especialistas en Novas Tecnoloxías. Na actualidade, nestes centros estase asesorando a máis de 1.100 empresas e autónomos e resolvéronse 3.230 consultas de distinta temática (como ter presenza na rede, marketing en liña, o uso das redes sociais, xestión empresarial, comercio electrónico, facturación, etc). 

 Co fin de poder responder e atender mellor esta demanda empresarial, nas oficinas CPAE 2.0 tamén  se puxeron en marcha diversos ciclos de obradoiros centrados  en mellorar a capacitación tecnolóxica de empresarios, autónomos e emprededores.

 En total impartíronse máis de 1.330 horas de charlas, obradoiros e mesas redondas que contaron coa participación de máis de 2.000 persoas.

 Na actualidade hai 6 puntos CPAE 2.0, situados en Lalín, Cambados, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra e Vigo e unha oficina coordinadora en Pontevedra á que se derivan as consultas máis complexas e na que se xeran todos os contidos.
 Ademais do servizo de capacitación tecnolóxica, a Deputación ofrece outros cinco servizos máis: información, análise e asesoramento sobre o uso das TIC; titorización na incorporación das Novas Tecnoloxías; demostración de produtos e solucións TIC; acompañamento para o uso do comercio electrónico; e procura de axudas e subvencións no ámbito tecnolóxico.

“www.ponteacomprar.com” estará operativa en xuño
O xefe do servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra  tamén anunciou que o vindeiro mes de xuño comezará a funcionar o centro de comercio virtual “Ponte a comprar”. A plataforma foi presentada hai uns meses e  xa está en producción  mentras os técnicos verifan que todo funciona correctamente.

400 queren  adherirse a “Ponte a comprar”
  Máis de 1.500 empresas asistiron ás xornadas informativas  realizadas sobre a plataforma e máis de 400 xa solicitaron adherirse á “Ponte a comprar”. Delas, 193  xa participarán  nunha primeira fase da posta en marcha da plataforma de comercio electrónico.

 Na actualidade este centro xa conta con datos de 55 compañías, e máis de 7.900 fotografías de  1.900 productos e servizos que estarán dispoñibles a partir do próximo mes de xuño.

Con este novo servizo, a Deputación da un paso máis na promoción e modernización tecido produtivo da provincia, abríndolle aos autónomos e ás pemes a porta do comercio virtual.

 Este servizo permitirá comercializar en liña, baixo unha plataforma única, os produtos propios da provincia de Pontevedra, con especial atención a sectores estratéxicos coma alimentación, restauración, turismo, lecer, hostalería e cultura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario