27 de maio de 2015

MOVEMENTOS SOCIAIS

OS PREFERENTISTAS CONTINÚAN SEU PARTICULAR CALVARIO NO QUE SON PERXUDICADOS POR PARTIDA DOBLE

Perto de trinta preferentistas da Plataforma do Baixo Miño acudiron na mañá do mércores 27 de maio, aos Xulgados do Contencioso Administrativo de Pontevedra amosando súa solidariedade cos compañeiros que recurrían por esta vía sendas sancións por alteración da orde.

Grupo de preferentistas que acudiron na mañá do mércores 27 de maio ao Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, en apoio aos compañeiros que foron sancionados - Foto: José Luis García Portela


José Luis García Portela / Pontevedra


 Perto de trinta preferentistas da Plataforma do Baixo Miño acudiron na mañá do mércores 27 de maio, aos Xulgados do Contencioso Administrativo de Pontevedra para amosar o seu apoio solidario a tres compañeiros que recurrían por esta vía sendas sancións por alteración da orde. Os tres, Yolanda D.V., Victoria G.G. e Juan Carlos V.A., foron sancionados pola Subdelegación de Goberno de Pontevedra con multas de 600,00€ por desordes, durante unha protesta diante do Concello de Tui, na noite do 30 de maio do 2013. Os preferentistas atopabanse ali, tras serlles impedido asistir ao pleno da Corporación, ainda que fora acordado en Xunta de Portavoces que poderian entrar na quenda de rogos e preguntas.

Concentración de preferentistas no exterior do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra en apoio aos compañeriso sancionados - Foto: José Luís García Portela

 O primeiro dos xuizos, o de Yolanda D.V., comezou ás 10:03 horas, coas alegacións iniciais da súa letrada que mantén a caducidade do expediente sancionador e a indefensión da sua representada, por falta de motivación e concreción dos feitos denunciados. Polo que pide a nulidade da sanción e o cargo das costas á administración sancionadora. 

 Pola súa banda, o avogado do Estado, non ve caducidade dos prazos nin indefensión pola non aceptación en fase prevía de testemuños de compañeiros de plataforma, por non seren obxetivos. 

 Na proposta de proba, a letrada de Yolanda, aporta tres sentenzas favorables das sala 2 e 3 deste Xulgado do Contencioso-Administrativo, e reclama o testemuño de Miguel Ángel C.R e Beatriz F.G., concelleiros da corporación tudense no momento dos feitos. A parte demandada, aporta como documental o propio expediente sancionador. Todas as probas son admitidas pola xuiza que fai entrar á sa á primeira das testemuñas. Miguel Ángel C.R. presta testemuño afirmando que coñece a Yolanda por veciñanza e que o día dos feitos, el acudiu como concelleiro a un pleno na Casa do Concello de Tui que comezou ás 20:30 horas, aproximadamente. Dez minutos antes, en Xunta de Portavoces se manifestou que os preferentistas tiñan dereito a aistir ao pleno e que non deixalos constituía unha provocación. Pero o alcalde so aceptou abrir as portas na quenda de rogos e preguntas. 

 Durante o pleno escoitouse barullo de asubíos e bucinas que non impediu a normal celebración do pleno. A testemuña engade que ao sairen pola porta lateral escoitaron os berros e barullo pero non viu que se maltratase nin se ofendese aos membros da corporación. Respecto a se se chegou a interrromper o tránsito pola praza, afirma que non había xente de abondo para facelo, e que é unha praza con circulación, so de vehículos autorizados. Non coñece que os afectados tentaran entrar pola forza no Concello nin que houbera reclamacións ou denuncias dos donos dos locais da zona. Que o barullo era o normal dentro dunha concentración, pero de ser superior a iso, tal como mandan as ordenanzas municipais, a Policía Local conta con medios para facer as medicións de son i emitir denuncias, circunstancia que non se produxo. 

 A preguntas do avogado do Estado, engadiu que él so viu aos preferentistas na rúa ao entrar e sair, estando o resto do tempo no pleno, agás un intre no que saiu e falou con dous policías que gardaban a porta por orde do alcalde e do concelleiro delegado de tráfico. 

 A segunda testemuña Beatriz F.G., coñoce a Yolanda de estudar con ela e acudiu esa tarde ao pleno como concelleira, aproximadamente as 19:30 h. Viu a cinco preferentistas no adro da catedral pero non estaba Yolanda entre eles. Fala da Xunta de Portavoces, de que non se lles deixou pasar ao pleno aos concentrados fora, e que cando rematou o pleno, arredor das 22:30 o 23:00 horas, saiu con outros compañeiros pola porta lateral do Concello. Non viu a Yolanda pero supón que estaría alí. Podíase transitar pola praza e non coñece que houbese problemas para acceder aos locais da zona. 

 Na quenda de conclusións, a letrada de Yolanda insiste na caducidade do procedemento, que a sancionada non foi identificada, que non se concretan os feitos denunciados e que non existen denuncias ou reclamacións dos locais de zona, polo que pide a nulidade da sanción e o cargo das costas ao Estado. 

 O avogado representante da Subdelegación de Goberno afirma que os concelleiros que prestaron testemuño non poden saber o que acontecía na rúa mentres eles estaban no pleno. Se dentro do salón se escoitaba o barullo da rúa, fora sería maior. E que os empresarios dos locais declararon á Policía Municipal que sufriron molestias. Tras isto, ás 10:33 h., a xuiza declarou concluso o procedemento. 

 Acto seguido, comezou o xuizo polo recurso de María Victoria G.G., tamen sancionada na mesma data polos mesmos feitos: Alteración da orde pública. 

 Ao seren expedientes semellantes, as alegacións iniciais, as probas e as declaracións das testemuñas, son caseque ás mesmas que no xuizo anterior polo que so vou relatar ás novas aportacións. 

 A testemuña M. Ángel C.R. non coñece a Victoria. Engade que cando saiu do Concello cos compañeiros non viu que se interferise o tránsito, nen viu necesaria a intervención policial, e os locais permanecían abertos. Se o barullo non fose normal, bucinas e murmurio alto, xa a policía municipal teria feito denuncias.  

 A outra testemuña Beatriz F. afirma que coñece a Victoria por veciñanza e teren traballado xuntas, pero que non a viu na praza cando chegou ao Concello. 

 Que na Xunta de Portavoces estaban tódolos partidos agás o BNG que chegou ao comenzo do Pleno. Este non foi interrumpido polo barullo exterior. Ao sairen non viu a Victoria insultar a axentes ou autoridades. 

 Na quenda de conclusións o avogado do Estado especifica que a sanción non é por concentración ilegal senón por desordes públicos, e que as testemuñas non poden dar fe do que pasou na rúa por estaren no pleno. 

 Ás 11:03 h. remata o xuízo quedando concluso o procedemento. 

 Ás 11:04 h. comezou o xuízo de Juan Carlos V.A. que se desenrolou de xeito semellante aos anteriores por ser tamén o recurso á denuncia por desordes na noite do 30 de maio do 2013 perante a Casa do Concello de Tui. 

 As alegacións e propostas de proba idénticas ás dos outros xuízos, so que nesta ocasión declara unha nova testemuña: Laureano A., concelleiro da corporación tudense na data da denuncia. Non coñece a Juan Carlos.  Esa noite, o concelleiro chegou tarde ao pleno. Na praza viu a unhas 15-20 personas diseminadas e na porta do Concello a 8 policías. Non escoitou insultos. No pleno pediu que se lles deixase asistir a sesión plenaria aos concentrados e como o alcalde rexeitou a petición, el abandonou o salón e foise á rúa onde estivo falando cos concentrados. Non observou forcexeos coa Policía Municipal ou Guarda Civil, nen viu que se identificase a ninguén. Había un barullo soportable, non se interrumpiu o tráfico por ser unha praza de acceso limitado só a vehículos autorizados. Non se molestou á actividade dos locais, e os concelleiros da oposición sairon antes que os do grupo de goberno, sen que acontecese nada excepcional. 

 A preguntas sobre se a orixe do barullo eran bucinas, trompetas de gas, se viu a xente con proteccción para ouvidos, como cascos, a testemuña declara non lembrar iso. 

 O segundo testemuño foi o de M. Ángel C.R. que volta a relatar os feitos. Que non foi necesaria a intervención policial, non percibiu insultos ao alcalde nin queixas dos veciños, que de haber moito barullo, é doado para a Policía Municipal facer medicións cos aparellos cos que contan.  

 A preguntas do avogado do Estado contesta que non pode precisar o que aconteceu na rúa mentras él estaba no pleno. Ante o comentario do letrado sobre se lle parecía o barullo normal que hai nesa praza, afirmou que o barullo normal é algo que depende das actividades que hai nela. 

 Nas conclusións, a avogada do sancionado amosa como acreditado que non se produciron desordes e que a denuncia e xenérica, sen concretar os feitos. 

 O avogado do Estado abonda na incapacidade das testemuñas para saber o que pasaba na rúa mentras estaban no pleno. No caso da primeira testemuña, Laureano. A., quen non lembra que se empregasen trebellos para facer barullo, iso contradí as fotos que existen desa concentración. Que o testemuño non é de fiar tendo en conta que o concelleiro amosa un enfrentamento co alcalde. É que as molestias aos locais da zona constan en declaracions tomadas pola Policía Municipal ao seguinte dia. 

 Ás 11:31 horas remata este xuizo e a xornada da Plataforma do Baixo Miño en Pontevedra, polo que tras convocalos para o seguinte xuizo, de aquí en 7 dias, os preferentistas voltaron aos seus fogares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario