II EDICIÓN DAS XORNADAS INSULTARTE
CGAC / Santiago de Compostela
O CGAC presenta a segunda edición das Xornadas Insultarte dirixidas polos artistas Vanesa Castro, Iñaki López e Juan Lesta. Unha proposta completa de actividades destinada a estudantes e traballadores dos ámbitos da cultura e da creación co obxectivo de orientalos sobre cuestións laborais, fiscais e de xestión.
O programa estrutúrase en tres bloques que inclúen un taller (con matrícula) e dúas conferencias formuladas desde unha visión dinámica e actual (entrada libre) onde os asistentes recibirán as claves e as ferramentas necesarias para identificar e aproveitar as oportunidades de emprego do seu sector, coñecer o marco legal do seu traballo e buscar financiamento para os seus proxectos.
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Ramón del Valle- Inclán 2
15703 Santiago de Compostela

Ningún comentario:
Publicar un comentario