23 de abr. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DEU A COÑECER OS CINCO PRIMEIROS MEMBROS DA CANDIDATURA ÁS ELECCIONS MUNICIPAIS DO 24 DE MAIO

O candidato á alcaldía de A Guarda, é Celso Rodríguez Fariñas

Celso Rodríguez Fariñas - no centro da imaxe - acompañado por Beatriz Estévez Álvarez, María Álvarez, Xosé María Martínez "Chechu" e Josué Álvarez


Infogauda / A Guarda

 A Agrupación Local de Converxencia Galega, de A Guarda, deu a coñecer os nomes das cinco primeiras persoas que forman parte da candidatura desta formación, que concorre por segunda vez ás Eleccions Municipais no concello guardés, e que esta vez encabeza Celso Rodríguez Fariñas, activo político guardés e ex-concelleiro de Cultura e Deportes.  

 Acompañan o candidato á alcaldía de A Guarda, por Converxencia Galega, Beatriz Estévez Álvarez, concelleira de Converxencia Galega desde xuño de 2011, Xosé María Martínez "Chechu", Responsable Local de Converxencia Galega; Josué Álvarez, (profesor de baile), e María Álvarez (hostaleira).

Ningún comentario:

Publicar un comentario