CONVERXENCIA GALEGA CUESTIONA UNHA RECENTE XUNTANZA DO PADROADO MUNICIPAL MONTE SANTA TREGA
Nela foi sometida á debate á aprobación inicial de uns novos Estatutos
Beatriz Estévez Álvarez, representante de Converxencia Galega no Padroado Municipal “Monte Santa Trega”
Infogauda / A Guarda
A concelleira Beatriz Estévez Álvarez, representante do Grupo Municipal Converxencia Galega no Padroado Municipal "Monte Santa Trega", ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, un escrito dirixido o Alcalde-Presidente do Padroado Municipal “Monte Santa Trega”, no que dí o seguinte:
O PADROADO MUNICIPAL MONTE DE SANTA TREGA
Beatriz Estévez Álvarez, representante de Converxencia Galega no Padroado Municipal “Monte Santa Trega” trala Xuntanza celebrada o pasado día 23 de abril deste ano no que por parte da Presidencia se someteu a debate e aprobación inicial dúns novos Estatutos, vimos a solicitar resposta as seguintes preguntas:
1º- Dita xuntanza foi celebrada baixo a dirección dun empregado municipal que desempeñou labouras de Secretario sen que fose nomeado para ese posto por ningún dos órganos que o Concello ten para a designación de cargos, ben sexa a Xunta de Goberno Local e ratificada polo Pleno do Concello, por elo, ¿E LEGAL A SÚA ACTUACIÓN NA FUNCIÓN DE SECRETARIO DO CONCELLO?
2º.- A persoa que desempeñou dita función, non ten nin a delegación Plenaria, nín os estudos suficientes, nin a categoría profesional para desenrrolar as funcións inherentes a ese cargo, dado que non pertenece a ningún dos grupos profesionais nin dispón de de Habilitación Nacional para desempeñar o posto de SECRETARIO titular nin accidental, polo que ¿É LEGAL A SUA ACTUACIÓN NA FUNCIÓN DE SECRETARIO DO CONCELLO?¿É LEGAL A PERCEPCION DE RETRIBUCIONS ECONÓMICAS NUNHA ACTUACIÓN PARA A QUE NON TEN TITULACIÓN NIN NOMEAMENTO?
A
Guarda, a 28 de abril do 2.015
Beatriz Estévez Álvarez
Representante de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente do Padroado Municipal “Monte Santa
Trega”
Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario