CONVERXENCIA GALEGA CHAMA Á ATENCIÓN SOBOR DO VANDALISMO
A base da fonte pública da Praza do Reló presenta serios desperfectos
Infogauda / A Guarda
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega ven de presentar no rexistro municipal de entradas á seguinte comunicación:
¿QUE PASOU FRONTE O CONCELLO ESTE FIN DE SEMAN?
Os danos na base da fonte da Praza do Reló son notorios
Fotografías. Grupo Municipal Converxencia Galega
Cando no día de hoxe, nos comentaron o que había acontecido ca base da fonte da Praza do Reló, o acudir o lugar pudemos ollar a desfeita e o risco que está a sufrir esta instalación centenaria, da que sigue sendo un misterio o que alí aconteceu, ainda que estamos a esperar das “investigacións policiales e técnicas” que está desenrrolando o Grupo Especial dos “muchachos del Pauli” para descubrir o autor/es deste feito.
O Equipo de Goberno Municipal do PSOE, que nestes días é tan “eficiente co chapapote urbano” e non queda camiño sen asfaltar para intentar enganar a algún veciño despistado, esquecendo as súas grandes “batallitas” para que foran os demais que empedraran as rúas e a ser posible co seu modelo e nas súas preferencias.
¿É posible que se desfixera a fonte é ninguén escoitara nin vira nada? ¡Coma sempre! ¡Pode pasar calquer cousa e no noso Concello non se enteira ninguén! Se destrozan papeleiras, se doblan sinais de tráfico, se aplastan canaletas dos baixantes, dóblanse ou se “perden” limpa-parabrisas, se rompen árbores, desaparecen prantas, ¡En A Guarda todo é posible, pero xamais se saberá quen foi! E así “per sécula seculorum"(Iso xa o dí o pobo en tódolos foros).
¿Cando ollaremos o arranxo desta “tarxeta de visita” que está ás portas do Concello?
Dende Converxencia Galega solicitamos que da maneira máis urxente, se proceda a arranxar esta obra centenaria, testemuña dunha época na que había que carrexar a agua para as casas o non existir suministro directo, e mulleres e críos cargaban baldes e caldeiros.
O “oráculo voceiro do goberno municipal “anónimo” e “bocón” infalible. Ainda non dixo nada deste feito. ¿Será que quedou “esgotado” do esforzo da campaña de fai úns meses? ¡Menos mal que aló no barrio cada día ten menos “predicamento” e seus “adeptos" van menguando como se comprobou no último proceso “electoral” no que participou!
A Guarda, a 21 de abril do 2.015
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Vías e Obras
Sr. Concelleiro de Tráfico
Sr. Cabo de Policía Local
Concello de A Guarda


Ningún comentario:
Publicar un comentario