MEDIO CENTO DE PREFERENTISTAS AMOSARON SEU APOIO SOLIDARIO A NOVE COMPAÑEIROS SANCIONADOS CON MULTAS
A concentración tivo lugar diante do Xulgado Contencioso-Administrativo de Pontevedra - Fotografías: José Luis García Portela
José Luis García Portela / Pontevedra
Medio cento de preferentistas da Plataforma do Baixo Miño, Plataforma de Marín-Pontevedra, Plataforma de Compostela, Plataforma do Condado e Plataforma do Salnés acudiron esta mañá aos xulgados do Contencioso-Administrativo de Pontevedra para amosar o seu apoio a 9 compañeiros sancionados por diversas faltas no transcurso das protestas.
Nos primeiros procedementos, a xuiza decidiu xuntar nun mesmo xuizo aos 5 sancionados por seren os feitos denunciados idénticos e producírense no mesmo acto.
Por iso, ás 9:40 da mañá comezou o primeiro dos xuizos onde se veu o recurso contencioso-administrativo interposto pola letrada de Miriam R., Ricardo M., Jorge M., Elvira V. e Ana Belén G. polas sancións de 600€, por desordes graves durante unha concentración ás portas do Concello de Tui, o 30 de Maio do 2013.
A Subdelegación abreu expedientes sancionadores por desordes graves, con alteración da orde, alto nivel de ruido ata as doce da noite e perxuizos a veciños e locais da zona. A avogada dos sancionados aclara que non se trataba dunha concentración ilegal, senón que agardaban a intervir no pleno como así fora acordado e consta nas actas municipais. Que ningún comerciante presentou denuncia e so constan as dos axentes e que a medición do ruido foi feita en data distinta.
A avogada do Estado pide a desestimación da demanda e a avogada dos preferentistas a nulidade da sanción é costas a cargo da Administración.
O seguinte xuizo foi o do recurso contencioso-administrativo que interpuso a letrada de Mirta G. contra a sanción imposta a ésta por circular sen cinto de seguridade pola Praza do Calvario (O Rosal) o 7 de xuño do 2013.
O avogado do Concello de O Rosal (apenas audible por unha forte gripe) afirmou que a sancionada abandonou a concentración diante do Concello sen levar posto o cinto. Non foi identificada no momento por estar os axentes á pe i en laboura de orde pública. A cuantía da sanción é de 200€.
A avogada da sancionada especifica que non se usa o vehículo nas manifestacións, os manifestantes acceden a pé a praza é peatonal. Que se produciu indefensión da sancionada ao non ser notificada no momento. A xuiza non considerou útil ou necesaria o testemuño de Xulio Vicente e Antonio C.
Logo deste, ás 10:47 comezou o xuizo a Mila A. pola colocación dunha mesa e 3 sillas tipo "camping" na calzada, diante do Concello de O Rosal, o 7 de xuño do 2013, coa colaboración doutra persona. O avogado do Concello declara que ainda que a autoridade presente lle pediu que sacase o obxeto da calzada, nono fixo polo que foi sancionada con 80€. Que non se identificou a infractora no momento por ser xa coñecida polos axentes que están de servicio nas concentracións.
A avogada da sancionada, destaca a falta de indefensión da súa representada, así como a falta de motivación e concreción nos feitos denunciados, como pasa a cotío nestas denuncias. Que non se puña en perigo aos viandantes por ser unha praza peatonal. Pide a anulación da sanción é o cargo das costas á Administración.
A continuación comezou o xuizo a Ana Belén. A., idéntico ao da súa irma Mila, por seren ás dúas as sancionadas pola colocación da mesa é as sillas, A avogada destaca a inconcreción entre os partes de servizo da policía é a denuncia, ao non aparecer a mesma hora,11:40. Coma no xuizo anterior, non se admite a proba testifical nin de compañeiros das sancionadas nin de axentes. As conclusións, igual que no xuizo anterior.
O último xuizo foi o de Nieves. R. pola sanción imposta pola Subdelegación de Goberno de Pontevedra, por feitos denunciados en Mos polos que se acusa á demandante de desordes graves, de impedir a saída dun coche da Policía Local i enfrentarse aos axentes en actitude ameazante. A sanción é de 500 euros.
A avogada do Estado alega que a demanda é extemporánea por pasaren xa os prazos. A avogada da parte demandante, nega a extemporaneidade e destaca a falta de concreción nos feitos denunciados. Que non se retivo ao vehículo, que pudo sair. A xuiza non veu necesaria a declaración das testemuñas da demandante. Oídas as conclusións, queda visto para sentenza.
E deste xeito, xuntando varios procedementos nun so xuizo, e acortando os outros por ser semellantes os feitos e argumentos das parte, ademáis da ausenza de testemuños, chegouse ao final das vistas ás 11:15 da mañá. Tralo cal, e despois dunhas convocatorias de Xulio Vicente, os membros das plataformas presentes voltaron ás súas localidades.
A próxima xornada de xuizos en Pontevedra será o 30 de abril.




Ningún comentario:
Publicar un comentario