INICIATIVA VECIÑAL POR GALICIA PRESENTOU SÚA CANDIDATURA Ó CONCELLO DE A GUARDA
Luis M. Pérez, candidato á alcaldía por Iniciativa Veciñal por Galicia, deu a coñecer ás liñas básicas do programa electoral
Luis M. Pérez, candidato á alcaldía de A Guarda, por Iniciativa Veciñal por Galicia
Infogauda / A Guarda
Na tardiña do pasado xoves, o salón de actos do Centro Cultural de A Guarda, acolleu o acto de presentación da candidatura que Iniciativa Veciñal por Galicia presenta para ás Eleccions Municipais do vindeiro 24 de maio.
Baixo o lema "A importancia da túa voz", Iniciativa Veciñal por Galicia, non somentes presentou a Luis M. Pérez, seu candidato á alcaldía de A Guarda, senón que o fixo con toda á candidatura o completo.
A candidatura de Iniciativa Veciñal por Galicia está formada maioritariamente por mulleres e homes xóvenes, e tamén por persoas veteranas en diversos ámetos, como por exemplo en actividades profisionais (sanidade, alimentación, comercio, hostalaría, traballo no agro,...) e con experiencia en espazos asociativos, culturais, deportivos, movementos sociais, sindicais,...
Na súa intervención, Luis M. Pérez, traballador no sector sanitario, concretamente no Centro de Saúde de A Guarda, e candidato á alcaldía de A Guarda por Iniciativa Veciñal por Galicia, expuxo públicamente as liñas básicas do programa electoral, que son ás seguintes:
"A defensa dos dereitos sociais, o rescate dos veciños e das veciñas da Guarda que se atopan nunha situación límite pola crise que se leva arrastrando. Blindar os Servizos Sociais Locais como máxima prioridade.
Promoción, colaboración e potenciación da solidariedade, por parte do Concello. Os veciños son o primeiro e por tanto a nosa prioridade.
Humanización do pobo: Dar motivos para quedar a visitar o municipio, recorrelo por tódalas súas rúas, promovendo un turismo activo, mais aló do Monte Santa Trega. Captar a eses visitantes e transformalos en verdadeiros turistas para o pobo e para os seus comerciantes.
Dar valor as riquezas culturais, paisaxísticas, gastronómicas, musicais e deportivas que posúe a zona de A Guarda. Potenciar os valores dos veciños e veciñas da Guarda ó exterior.
Cun pobo máis humanizado, con zonas verdes dotadas de espazos de ocio e descanso o aire libre, e zonas de recreo infantil e deportivo, aberto e público para todos, e cunha potenciación do turismo activo das riquezas que posúe a Guarda, o seguinte é dar un pulo o comercio e os comerciantes, que favoreza o seu despertar e axude a baixala tasa de desemprego que posúe a zona da Guarda.
Reorganizar un tráfico rodado e unhas rúas que non invitan ó desenvolvemento do comercio e non facilitan a movilidade dos peatons con facilidade e tranquilidade.
Crear a oficina de orientación laboral local, que axude na formación contínua e na captación de recursos formativos para os desempregados da zona. Unha oficina que sexa o nexo de conexión entre a empresa que demanda traballo e os desempregados que buscan un traballo.
Orientar tanto os desempregados de maior idade coma os xovenes na búsqueda de traballo, guiándoos de cara o seu emprego óptimo".
A proposta de Iniciativa Veciñal é sinxela: Levar as necesidades dos nosos conveciños/as a tempo completo, non soio cada catro anos.
#aimportanciadatuavoz
Iniciativa Veciñal por Galicia


Ningún comentario:
Publicar un comentario