14 de mar. de 2015

PONTEVEDRA

LOUZÁN E ANA PASTOR ASINAN ESTE SÁBADO UN ACORDO PARA INVESTIR 6,5 MILLÓNS NA RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DE 23 XACIMENTOS GALAICO-ROMANOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Vista parcial do sector Calvo, no megapoboado galaico - romano do Monte Santa Trega (A Guarda) - Foto: Infogauda

Infogauda / Pontevedra

 O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a Ministra de Fomento, Ana  Pastor, asinarán este sábado, un convenio para recuperar 23 xacimentos galaico-romanos da provincia cun orzamento de 6,5 millóns de euros, según explicou o venres en rolda de prensa o titular da Deputación, Rafael Louzán.

 Desta cantidade, o Ministerio de Fomento aportará 4,3 millóns e a Deputación 2,2 millóns. Louzán quixo agradecer a “especial sensibilidade”  mostrada por Ana Pastor para levar a cabo unha iniciativa que calificou de “trascendente” para a provincia en canto recupera e pon en valor o seu patrimonio, potencia os recursos e atractivos turísticos e destaca o valor científico e sociocultural dos xacementos que serán recuperados.

 A Deputación e Fomento desenvolverán as actuacións necesarias para que os xacimentos arqueolóxicos galaico-romanos da provincia sexan recuperados mediante o desenvolvemento dun Programa Integral.

 Fomento intervirá na financiación e execución das tarefas enmarcadas nas liñas estratéxicas de accesibilidade e musealización. E, pola súa banda, a Deputación intervirá na financiación e execución das tarefas enmarcadas nas liñas estratéxicas de limpieza, mantemento, excavación, difusión/ promoción e dixitalización.

 O prazo de execución dos traballos previstos será de 4 anos e crearáse una Comisión integrada por 2 representantes de Fomento e 2 da Deputación para fixar e seguir as actuacións.

 As actuacións afectarán a xacimentos galaico-romanos de todas as comarcas da provincia, na maioria dos casos aos máis importantes. Este sábado faráse pública a relación dos incluidos no acordo entre a Deputación e o Ministerio de Fomento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario