"DESPEDIDAS", DE NICOLÁS DOMÍNGUEZ, XA TEN DATA PARA Á ESTREA
Será o vindeiro día 27 de marzo, ás 20:00 horas, no MARCO, de Vigo
Infogauda / Vigo
Xa hai data para á estrea da curtametraxe DESPEDIDAS, do director vigués Nicolás Domínguez, a que o compositor Andrés Álvarez lle puxo música. Será o vindeiro día 27 de marzo (venres) ás 20.00h no MARCO (Museo de Arte Contemporánea) de Vigo.
DESPEDIDAS está protagonizada por Marta Larralde, Alfonso Agra e Sergio Álvarez, e conta tamén coa participación de alumnos da Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario