30 de xan. de 2015

TURISMO

LOUZÁN ASINA EN FITUR UN CONVENIO COA FUNDACIÓN EOI, TURESPAÑA E AS DEPUTACIÓNS DE MÁLAGA, TOLEDO E PONTEVEDRA PARA UN PROGRAMA DE FIDELIZACIÓN DE TURISTAS DE ALEMANIA, REINO UNIDO E NORUEGA

·      O proxecto contará coa colaboración das empresas españolas presentes tanto nos destinos como nos mercados de orixe onde se desenvolverá a experiencia, Alemania, Reino Unido e Noruega.
·       No certame, presentouse ATREGA, a asociación de maioristas de viaxes que abarca o 98% do mercado galego, tén un millón de clientes, factura 150 millóns e recibe viaxeiros de 20 países
·       Louzán presentou tamén un libro sobre praias e espazos naturais das Rías Baixas e unha Guía das festas de interés turístico da provincia.

Infogauda / Madrid

 O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presentou hoxe en Fitur dous libros sobre espazos naturais e  praias das Rías Baixas e sobre as festas de interés turístico que se celebran na provincia. Asinou un convenio coa Fundación EOI, Turespaña e as deputacións de Málaga, Toledo e Pontevedra para desenvolver conxuntamente con empresas do sector un programa de fidelización do turista dos mercados internacionais de Alemania, Reino Unido e Noruega. E asisteu á presentación de ATREGA, a primeira asociación de maioristas de viaxes da historia de Galicia que preside Fabián Soto, do Grupo Interrías e que está formada por touroperadores da provincia de Pontevedra.

 Os libros presentados versan sobre os espazos naturais e as 59 playas que, en apenas 70 kilómetros da costa das Rias Baixas, contan co distintivo de Bandeira Azul e sobre as festas gastronómicas, etnográficas ou lúdicas, de interés turístico internacional, nacional o autonómico, que se celebran na provincia.

 Na presentación, Louzán destacou as sinais de identidade turística das Rías Baixas, lembrou un texto do xornalista José Luis Alvite, recientemente desaparecido, para suliñar a súa beleza, e dixo que o destino figura entre os dez primeiros nacionais de preferencias. “Somos, de largo, el principal foco del turismo de Galicia con más de un millón de visitantes el año pasado y 2,5 millones de pernoctaciones, o, lo que es lo mismo, una de cada tres reservas que se formalizaron en nuestra Comunidad Autónoma”.



 Na súa intervención, asegurou que as Rías Baixas sitúanse á cabeza do ranking nacional en número de Bandeiras Azules e de galardones ambientais, ata o punto que a súa costa tén o 10% do total nacional destas distincións. E un dos seus concellos, Sanxenxo, é líder ininterrumpido en España, dende fai 11 años, en número de Bandeiras Azules.

 A publicación recolle unha Guía de Festas de Interés Turístico da provincia que, polo seu carácter lúdico e de ocio, etnográfico e de valor cultural ou de exaltación da Enogastronomía mereceron o recoñecemento de interés internacional, nacional o autonómico.

Fidelización e créditos

 Outra das actividades realizadas hoxe en Fitur polo presidente da Deputación de Pontevedra foi asinar un convenio co presidente da Fundación EOI, Fernando Bayón; a directora Xeral do Instituto de Turismo de España (Turespaña), Marta Blanco; e os presidentes das deputacións de Málaga, Toledo e Pontevedra, Arturo García-Tizón e Rafael Louzán, respectivamente, para desenvolver un programa de fidelización de turistas dos mercados internacionais de Alemania, Reino Unido e Noruega.

 No proxecto concretaráse o modelo tecnolóxico, o de servizos e o xurídico do programa de fidelización do turista que beneficiará tanto ás empresas participantes nel como ao turista que elixe España como destino.

 O proxecto definirá un sistema que xenere créditos aos turistas que consuman bens e servizos de todas as empresas colaboradoras. Eses créditos poderánse conseguir tanto nos países de orixe como no destino e só poderán canxearse por bens e Servizos en España. O proceso de obtención e redención dos créditos por bens e servizos será de fácil execución por parte dos turistas.

 As accións do devandito programa insertanse dentro do Programa RISC (Redes de Innovación al Servicio de la Competitividad) que desenvolve a Fundación EOI.

A súa finalidade é conseguir a mellora e retención de turistas internacionais, aumentar o número de visitas, incrementar o seu gasto medio, mellorar a imaxe o posicionamento deses ámbetos frente a países ou áreas competidoras, reducir a estacionalidade e mellorar a competividade e innovación do tecido empresarial e das empresas beneficiarias deste programa.

Presentación de ATREGA

 Louzán participou tamén nos actos de presentación de ATREGA, una asociación pioneira de maioristas de viaxes de Galicia, a maioría deles da provincia de Pontevedra. Foi invitado por esta asociación por ser a Deputación de Pontevedra a primeira entidade que promoveu e respaldou a súa constitución.

 Louzán destacou que ATREGA abarca o 98% do mercado de touroperación de Galicia, conta con máis de 1 millón de clientes touroperadores, factura máis de 150 millóns anuais, ocupa a 150 traballadores de xeito directo e recibe a turistas procedentes de 20 países emisores do mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario