25 de nov. de 2014

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PON EN COÑECEMENTO DA ADMINISTRACIÓN VERQUIDOS DE AUGAS RESIDUAIS NA PASAXE (CAMPOSANCOS) E A DÍA DE HOXE NIN A XUNTA DE GALICIA NIN O MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, DERON RESPOSTA
Xosé María Martínez Rodríguez
 Responsable Local de Converxencia Galega

Infogauda / A Guarda

 A demostrada inacción de algúns cárregos públicos - tanto a nivel local como noutros ámetos - xera na cidadanía, en non poucas ocasions, á sensación de impotencia diante de feitos consumados que deberan ter unha resposta urxente. Para tentar, por unha parte, evitar que no futuro - a curto ou medio prazo - non se volten a repetir, pondo para elo tódolos medios necesarios, e por outra banda, para adoitar ás medidas coercitivas previstas na lexislación en vigor, para sancionar, se procede, a quen haxa vulnerado á lei.
 Acontece que algúns adoitan facer como o avestruz. Isto é, meter a testa debaixo da ala. Dese xeito, non ollan nada a seu arredor. Para eles "todo marcha de maravilla", e así tentan vende-lo a própios e alleos, sen escatimar en nada, porque o fin e o cabo, paga xoan pobo.
 Que no termo municipal de A Guarda hai varios "puntos negros", e decir, de verquidos de augas residuais é algo que saben ata os máis picariños. Máis semella que a fin de contas, ninguén con responsabilidades de goberno, quer asumir tales responsabilidades, e adoitar ás medidas correctoras necesarias. 
 O resultado, unha vez máis, e que teñen que ser outros, os que poñan en coñecemento de quen corresponde, os feitos que en moitos casos, causan verdadeiro noxo na cidadanía. 
 O Grupo Municipal Converxencia Galega, con representación na Corporación Municipal de A Guarda, deu conta da existencia de verquidos na zoa de A Pasaxe (Camposancos) e vexan o que aconteceu tres meses despois. Para elo reproducimos, o contido da comunicación que o responsable de Converxencia Galega ven de presentar no rexistro de entradas do concello de A Guarda, e que di o seguinte:
CONTRADICIONS ADMINISTRATIVAS             
 En data do 13 de Agosto pasado, (fAi máis de tres (3) meses), presentamos diante da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e outra no Ministerio de Medio Ambiente, Agricultura e Alimentación, sendas denuncias por vertidos de augas residuais directamente o Río Miño, dunhas tuberías próximas o Destacamento de Marina situado na Pasaxe de Camposancos e que estaban emporcando os areais máis próximos, situación que é perfectamente visible ca marea baixa dende a pasarela de acceso o muelle donde atraca o ferri.
 A gran sorpresa, e cando escomenzamos a recibir respostas a nosa denuncia por parte de distintos Departamentos, tanto da Xunta como da Administración Central:
  1º).- O 18 de agosto, co Rexistro de Saída nº 8.406, a Confederación Hidrográfica, dí que o tema denunciado é competencia da Administración Autónoma de Galicia (por medio do Ente Augas de Galicia), dado que o vertido está nunha zona de transición sometida os efectos das mareas.
  2º).- O 31 de setembro, co Rexistro de Saída nº 50435, o Ministerio de Medio Ambiente, comunica que a competencia sobre o asunto recae na Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que é quen ten a competencia na vixiancia e o control do Dominio Público Hidraúlico.
  3º).- En data 27 de octubro, o Ministerio de Medio Ambiente, no escrito nº 53.642 dí que despois de trata-lo asunto ca Confederación Hidrográfica Miño-Sil, acordan que este tema non é competencia da Confederación.
  4º).- O 5 de novembro, o mesmo Ministerio co R/S nº 54.799, informa que os vertidos no río Miño, e competencia de Augas de Galicia.
  Temos que chegar a conclusión que en TRES (3) MESES, que despois de diversos informes,  que quen ten que responder é a Xunta de Galicia, quen a día de hoxe, o igoal que o Ministerio de Defensa, teñen contestado nada sobre o problema, nin o Ministerio de Medio Ambiente, nin a nos pola denuncia.
  Agora, dende Converxencia Galega, nos gustaría saber se solicitaron Licencia Municipal, para desenrrolar as obras de conexión de alcantarillado polo camiño de acceso as naves industriais, pola parte de atrás do Destacamento, así como tamén si ditas obras foron supervisadas para ver que cumplan a normativa legal, e si foron dadas de alta a fin de que tamén aporten as taxas correspondentes de alcantarillado e depuración de augas o Concello, o igoal que todos/as veciños/as teñen que facer seus pagos públicos.
  Esta exposición de acontecementos,  é un exemplo máis da descoordinación estatal e autonómica, ou tamén a contradicción das posturas das administración e defectos que temos que soportar os veciños/as, así como tamén resaltar a ausencia do Concello de A Guarda, quen leva facéndo a postura dos “tres monos” –cego, xordo e mudo- o que ven a xuntar na nosa Administración Municipal tódolos defectos que se queiran sinalar e ningunha virtude.

A Guarda, a 12 de novembro do 2.014

Rexistro de Entrada nº 7.049
Data de Rexistro: 25.11.14


Xosé María Martínez Rodríguez
 Responsable Local de Converxencia Galega




Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario