30 de out. de 2014

O ROSAL

DAVID AMOR PRESENTA: FORA DE SITIO 3.0

Sábado 29 de novembro, 22:30 h (apertura portas 22:00 h) no Auditorio Municipal do Rosal

Organiza: ACANOR ATLÉTICO NOVÁS


Infogauda / O Rosal

Día 31 de outubro á venda 

Puntos de venda  

O Rosal: Bar A Competencia, Comercial Erredos, Loterías O Rosal e A Rotea. 

A Guarda: Síngular Lounge Disco, Bar-Bocatería Barros e Acanor. 

Tomiño: Carnicería Florentiña e Seguros Mapfre.  

660 928 686 - andres_senra@atleticonovas.com


 En 1999 preséntase a un concurso de beleza e outórganlle o premio de 'Mr. Simpatía'. Este premio, malia a crueldade (é coma se pregúntanche por unha posible parella e dinche que é moi simpática, ou sexa nada), non fai que David cáiase, e decide reconducir a súa carreira.  

 Pasa a Antena3, ao 'Club del chiste', para desenvolver esa faceta na que pensaba que destacaba, pero alí comezan a tratalo de guapo, mesmo noméano 'Duque galego' (aínda que dubidamos da bondade dese título, xa que o único duque que coñecemos é o de Lugo e que che comparen con Marichalar...), e xa foi cando o noso protagonista sentiuse fóra de sitio, e sentiu a necesidade de contalo.  

 É que o é un galego atípico, sempre sabe si sobe e si baixa, sobre todo si a escaleira é mecánica.   

 Si vostedes non van ver este espectáculo sentiranse así, 'Fora de sitio'.  

DAVID AMOR, UNHA CARREIRA SEN TEITO

 Comeza en 2001, en 'O Rei da Comedia', programa para a TVG (onde ata o momento realiza a maior parte da súa carreira). De aí pasa a 'Supermartes', programa veterano de variedades onde desenvolve distintas disciplinas, como guionista, colaborador, ...  

 Na TVG participará en varios proxectos durante anos. Programas de variedades como 'Luar', 'A terra dos prodixios' ou 'O programón', e ata un espazo propio 'Supermaster'.

 Polos bares a súa fama vai crecendo, cala cada día mellor entre o público e empeza a presentar eventos de gran relevancia, como o Campionato do Mundo de Hokey, a gala nacional de Heineken ou a de Gas Natural.  

 Con toda esta experiencia David decide dar o salto a unha canle nacional. Preséntase ao casting do 'Club del Chiste' en Antena 3, onde o collen e comeza a traballar con artistas da talla de Anabel Alonso ou Leo Harlem, co que crea o espectáculo 'Pasa a tomar un café cuando queeras'.  

 A súa fama como monologuista comeza a crecer participando en varias funcións por toda España de 'El Club de la Comedia', chegando a dar o espectáculo ao seu programa homónimo de TV, onde comparte escenario cos mellores humoristas do país.  

 Actualmente David ten encamiñada a súa carreira cara á ficción en televisión e cine, e está enrolado no proxecto 'Gym Tony', unha serie de Cuatro, tras pasar antes por 'Buena Gente' da Sexta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario