14 de out. de 2014

A GUARDA

A TUI VAIAS PARAR….

 Esta expresión que tanto usaban nosos antergos cando discutían ou tiñan un cabreo con calquera, fíxose realidade para todos/as aqueles que compraron unha vivenda nesta rúa do noso pobo. 

   

 Calquera que vaia a dar un paseo polo lugar, pode atoparse como mal menor ca ausencia de placas identificativas, a partir de ahí, pode elexir, dende “organizar un safari” cas excelentes pezas que saen do lugar cheo de lixo donde noutra época hubo unha grúa, ata “contemplar” os xardíns “colgantes” e invasión de flora típica nas veirarrúas.

 A situación dos/as moradores deste lugar, xa non saben si facer rogativas ou ir de procesión ata o Concello, donde, ata o de agora, somentes escoitan boas palabras, pero non atopan ningunha solución a “desfeita” existente no lugar. 


 As obras inacabadas “tapiadas con catro tablas mal postas” que están sendo desmontadas para que algúns “as invadan e as desbaraten” en plan excursión a outras épocas, ou atoparse cunha boa cantidade de desniveis entre as beirarrúas o desplome de asentamento das vivendas, nas que por certo, nalgunha delas, unha persoa un pouco obesa, ten difícil o acceso na porta principal.
  

 Espacios de alto risco de accidente sen ningunha barreira para que non aconteza ningún percance, ou algún palé “colgado” a espera de poder virse abaixo, conforme vai avanzando o tempo sen nengunha seguridade.


 Si alguén quere comprobar a desidia e abandono que está padecendo o noso pobo, non ten máis que acercarse a esa rúa para ollar a realidade do que acontece neste pobo, cun equipo de goberno en estado de descomposición e a espera de que remate a actual legislatura acadando os seus “obxetivos” de que A Guarda, pasase de ser a cabeza da comarca en canto a comercio e industria, a que hoxe sexa unha das que ten máis locais vacíos e xóvenes marchando de novo a emigración, sen alternativas de atopar traballo.



 Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, deste tema e da situación desta rúa, poderíamos estar falando durante moito tempo da gran cantidade de carencias e desfeitas que están reflexadas na rúa Tui.

A Guarda, a 10 de octubro de 2.014


Xosé María Martínez Rodríguez  
Responsable Local de Converxencia Galega

Sr. Alcalde-Presidente de A Guarda                                                                               

Ningún comentario:

Publicar un comentario