14 de out. de 2014

SANTIAGO DE COMPOSTELA

CRISTINA LUCAS. É CAPITAL


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D. Xesús Vázquez Abad, ten o pracer de convidar á inauguración da exposición

CRISTINA LUCAS. É CAPITAL

que terá lugar no CGAC o vindeiro venres, 17 de outubro de 2014, ás 20 h.

En É capital Cristina Lucas (Xaén, 1973) analiza algunhas das principais incógnitas, paradoxos e retos que supón o actual sistema capitalista mediante catro obras de nova creación. A primeira, titulada Plusvalía, documenta a investigación da artista arredor do prezo actual do manuscrito de O capital, de Karl Marx. La cámara del tesoro, explora a relación entre o valor de uso e o valor de cambio nunha sociedade rexida polas normas do capitalismo financieiro. Capitalismo filosófico analiza a relación existente entre os conceptos filosóficos cos que comercian as empresas e a súa actividade comercial. Por último, El superbién común afonda nun dos principais paradoxos do sistema capitalista: a incapacidade do planeta para satisfacer as arelas consumistas dos seus habitantes.

CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA CGAC  
Ramón del Valle Inclán 2, 15703 Santiago de Compostela

Ningún comentario:

Publicar un comentario