15 de out. de 2014

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA RECUSA AO APARELLADOR MUNICIPAL 

A recusación ten relación co procedemento administrativo seguido no expedente de ampliación de cimiterio parroquial de Salcidos


Beatriz Estévez Álvarez            
 Concelleira de Converxencia Galega


Infogauda / A Guarda


No exercicio da súa labor de seguimento da actividade municipal, a Concelleira Beatriz Estévez Álvarez, adscrita o Grupo Municipal Converxencia Galega, con representación na Corporación Municipal do Concello de A Guarda, ven de presentar no rexistro de entradas do concello guardés un documento de recusación, no que se sinala o seguinte: 



RECUSACION CONTRA D. HERMELINDO MARTINEZ GONZALEZ, ARQUITECTO TECNICO MUNICIPAL

Quen abaixo suscribe, en calidade de Concelleira-Portavoz do Grupo Municipal de CONVERXENCIA GALEGA, en base o Artigo 29 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo, ven a presentar a RECUSACION do Sr. HERMELINDO MARTINEZ GONZALEZ, como Aparellador Municipal (Arquitecto Técnico Municipal) no procedemento administrativo relacionado co EXPEDIENTE de AMPLIACION DO CIMITERIO PARROQUIAL DE SALCIDOS  de este Concello.

Dita RECUSACION do Sr. HERMELINDO MARTINEZ GONZALEZ, veño a presentala en base o Artigo 28.2.B. da Lei 30/1992, por existir parentesco de afinidade, dentro do 2º Grao, con Dona MARIA del CARMEN BAZ PACHECO, quen en calidade de técnica (ArquitectaTécnica) con domicilio na rúa Rosal, 62 deste Concello, asina dito proxecto.

Entendemos que este grao de parentesco por afinidade, xa existía o comenzo do procedemento, polo cal o correcto e legal sería que o Sr. HERMELINDO MARTINEZ GONZALEZ, debera de absterse de ter participado no expediente dende o séu inicio, tal e como sinala o Artigo 28.1 da referida Lei.

Por todo o exposto, veño a presentar a RECUSACION do Sr. HERMELINDO MARTINEZ GONZALEZ, (Arquitecto Técnico Municipal) en base o Artigo 29 da Lei 30/1992, por darse as circunstancias recollidas no Artigo 28.2.B da citada anteriormente Lei, por existir parentesco de afinidade de 2º Grao, ca Técnica que elaborou o proxecto de AMPLIACION DO CIMITERIO PARROQUIAL DE SALCIDOS (A GUARDA)

Asímesmo, o inicio dún Procedemento de responsabilidade por parte do Arquitecto Técnico Municipal, D. HERMELINDO MARTINEZ GONZALEZ, por non haberse abstido neste procedemento.

A Guarda, a 1º de Octubro do 2.014


   
Beatriz Estévez Álvarez            
 Concelleira de Converxencia Galega 


Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Urbanismo
Sra Secretaria do Concello
A GUARDA  

Ningún comentario:

Publicar un comentario