15 de out. de 2014

A GUARDA

ACEPTACION DA RECUSACIÓN DO ARQUITECTO TÉCNICO MUNICIPAL
Beatriz Estévez Álvarez        
Concelleira de Converxencia Galega 

Infogauda / A Guarda

 O longo de uns cantos anos, cando todo - en determinados ámetos da actividade municipal - semellaba inamovíbel, poida que precisamente por iso, polos miolos de algúns persoeiros nin siquera pasase á posibilidade de que algún día pudesen ser obxecto de algunha tacha pública para que non actúen en algún procedimento.  

 Cecais esa época que semellaba inexplicablemente ancorada sen visos de solución, esté chegando o seu fin. O exemplo témolo na solicitude de recusación que un grupo municipal - Converxencia Galega - con representación na Corporación Municipal do Concello de A Guarda fixo fai uns días e que ven de ter como resposta un Decreto da Alcaldía que ven a ordear que a persoa recusada se absteña se intervir no expedente de Ampliación do Cimiterio Parroquial de Salcidos.

   Deseguido transcrebemos o contido da comunicación que Converxencia Galega presentou no Concello de A Guarda, e no cal á concelleira portavoz do referido grupo municipal, dí o seguinte:

      Acabamos de recibir a notificación (Rexistro de Saída nº 3.098 do 13.10.2014) por medio do cal se emite o Decreto 0733/2014 por resolución da Alcaldía do 09.10.2014, que en contestación o escrito registrado por esta concelleira, do 07.10 e R/E nº 5822, por medio do cal, presentábamos RECUSACION contra o Arquitecto Técnico Municipal (HERMELINDO MARTINEZ GONZALEZ) no Expediente de Ampliación do Cemiterio de Salcidos, baseada na existencia de parentesco de afinidade dentro do segundo grao con Dona María del Carmen Baz Pacheco, redactora do proxecto técnico que dende fai varias datas e en diversas situacións víñamos presentando, sen que a día de hoxe fose tomado en conta.


A esquerda o documento de solicitude de recusación contra o Aparellador Municipal, presentado o pasado día 7 deste mes de outubro de 2014 pola concelleira Beatriz Estévez Álvarez, do Grupo Municipal Converxencia Galega no Concello de A Guarda. E a dereita, o Decreto da Alcaldía de data 9 deste mes (Rexistro de Saída de data 13.10.2014), aceptando á recusación solicitada por Converxencia Galega.

 Tal e como sinala o Artigo 28.2.B da Lei 30/1992, a relación de parentesco entre un funcionario público e a outra parte do proceso son causas de abstención e/ou recusación, para que o procedemento non teña vicios por causas de favoritismo de índole familiar.

 Dende Converxencia Galega entendemos que a relación de parentesco entre as persoas citadas xa ven de fai tempo. O lóxico é normal, sería que o citado Sr. Hermelindo Martínez González presentase a súa propia abstención, para non participar na tramitación daqueles expedientes donde a Sra. María del Carmen Baz Pacheco é parte interesada. Lamentablemente isto nunca aconteceu, polo que entendemos que dende sempre existiu un vicio neses procedementos, por non respetarse esta limitación sinalada pola Lei 30/1992.

 Dende Converxencia Galega, sempre buscamos a maior transparencia  nos temas, principalmente no urbanísmo, e sobre todo a neutralidade dos empregados públicos, xa que se deben o servicio de todos/as guardeses/as e non (como fan algúns/as que soio atenden os requerimentos do Equipo de Goberno Municipal).

 Queremos deixar claro, que neste tema, así como noutros, non existe ningún efecto de enemistade ou ataque persoal contra ningún traballador/a do Concello, o que buscamos é que se cumpla ca Lei, que as persoas que traballan para a Administración Municipal sexan neutrales, traballen sen favoritismo e que a información que emitan sexa a máis veraz e transparente posible.

 Este tema (situación) xa debería estar resolta dende fai bastantes anos, pois a relación de parentesco entre Hermelindo Martínez González (Arquitecto Técnico Municipal) e súa cuñada Sra. María del Carmen Baz Pacheco non é de fai poucos meses. Esta situación era coñecida por outros altos funcionarios do Concello que simulando ignorancia toleraron esta irregularidade, adicandose “a mirar para outro lado” esquecendo as suas responsabilidades diante da Administración Local, pero principalmente diante dos cidadáns. Pero tamén eran sabedores polo actual Equipo de Goberno do Sr. Freitas, doble responsable, na súa calidade de Alcalde e de Concelleiro de Urbanismo que co seu silencio complaciente, estivo deixando facer para que non se enfadase algún “amigo”.

 O Grupo Municipal do PSOE, non pode esquecer que leva máis de SETE (7) ANOS no Goberno de A Guarda, e que eran sabedores desta situación, torcendo o “pescozo” deixaron que as cousas seguiran  como iban, e poñendo todo tipo de trabas a quen pedía explicacións.

Diante destes acontecementos, resulta evidente que existiu unha actitude de pasividade nos diversos Departamentos do Concello de A Guarda que tiñan que haber tomado medidas e elaborar informes sinalando esta situación. Esto nos leva, a que teñamos que facer unha revisión dalgúns temas vinculados a esta área, que despois de haber sido informados negativamente, poideron pasar a obter Licencia no cambio de informes técnicos.

Finalmente, dende Converxencia Galega, diremos que imos a seguir máis vixiantes na inspección e cumplimento da legalidade nos procedementos da Administración Municipal, pois hai vicios que veñen de moitos anos atrás, e non estamos dispostos a tolerar estas actuacións parciais e interesadas que van contra o interese común de tódolos/as guardeses/as. 

Diante esta situación na que se acepta a recusación do Sr. Hermelindo Martínez González, (Arquitecto Técnico Municipal) sabemos que só é un pequeno paso, pero un paso no bó camiño, camiño que dende Converxencia Galega queremos seguir adiante.

 A Guarda, a 15 de octubro do 2.014

Beatriz Estévez Álvarez        
Concelleira de Converxencia Galega               

Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario