AS PRAIAS DE NIGRÁN NON CONTAN CON SOCORRISTAS
Infogauda / Nigrán
Esquerda Unida denuncia que desde o 1 de setembro as praias de Nigrán non contan con ningún socorristas, a pesar das temperaturas que están a facer e a afluencia de bañistas que están tendo as praias do concello.
Para José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán, a ausencia de socorristas nas praias de Nigrán é especialmente grave, tanto para a imaxe de Nigrán como concello turístico como para a seguridade das persoas, demostrando que o goberno de Nigrán unha total falta de previsión, ante as condicións metereolóxicas que se están a dar nestes comezos de setembro. Con medidas como esta non se vai a conseguir desestacionalizar o turismo, para xerar riqueza en Nigrán durante un período maior que xullo e agosto, que parece que é do único do que se preocupa o goberno municipal.
E por iso polo que Esquerda Unida lle pide ao concello que repoña o servizo de protección civil nas praias de Nigrán, en tanto as condicións climáticas permitan a afluencia da cidadanía as praias.

Ningún comentario:
Publicar un comentario