A Deputación destina 300.000 euros para unha liña de axudas a cultivos baixo abrigo
A Deputación acordou destinar 300.000 € á creación dunha liña de axudas para cultivos baixo abrigo da provincia.
Estas axudas estarán destinadas á adquisición, reposición e colocación de plásticos nas cubertas dos invernadoiros deste tipo de cultivos. Estas poden chegar ó 50% do importe solicitado e serán dunha contía máxima de 3.000 €.
Poden solicitalas os horticultores asociados (cooperativas, SAT,…) e tamén aqueles horticultores e floricultores a título persoal que posúan unha superficie mínima de 500 m2 baixo cuberta.
As solicitudes poderanse presentar unha vez publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). As axudas tamén van dirixidas á reparación e ó mantemento das estruturas metálicas dos invernadoiros (piares, arcos, crucetas, canlóns…), que se deterioran ou degradan debido ás condicións climáticas adversas e ó paso do tempo, ou á compra e reposición dos plásticos da cuberta dos invernadoiros.

Ningún comentario:
Publicar un comentario