JORGE BARBI ALONSO
Na Casa dos Alonso
(Praza do Reló)
Do 24 de xullo ó 7 de setembro
XOVES 24 DE XULLO, ÁS 21:00 H., APERTURA DA EXPOSICIÓN "LUGAR"
O artista Jorge Barbi Alonso (A Guarda, 1950), encarna unha das traxectorias máis interesantes da escena artística nos últimos trinta anos, tanto polos parámetros nos que se desenvolveu a súa práctica creativa -especialmente escultura, fotografía, e instalacións site-specific- como pola súa independencia das regras do mercado e do sistema artístico en xeral, cunha actitude irrenunciable dende a que continúa hoxe en día percorrendo o seu particular territorio de introspección poética e conceptual. A reflexión sobre o paso do tempo, sobre os obxectos e o seu contexto, a dialéctica forma-contido, e a preocupación entorno aos mecanismos de percepción, son algunhas das constantes na súa obra.
Nesta exposición artista nos presenta unha selección de traballos cuio denominador común é que xurdiron na Guarda. Non se trata de obras en torno a unha única disciplina ou momento concreto do tempo, senón en torno a unha concepción xeográfica. Gran parte das obras proceden da década dos oitenta e dos noventa, mais non foron creadas dun xeito lineal, respondendo a única idea, senón que proceden de diferentes momentos vitales e artísticos ó longo desas dúas décadas.
Na década dos oitenta, Jorge Barbi regresa á súa vila natal, os paseos de costa convírtense nunha continuidade da que xurden algunhas das novedosas propostas que poderemos observar nesta exposición, moi relacionada coa xeografía e a natureza do mar, coa xeografía e natureza guardesa, máis non sólo.
A exposición que estará aberta de martes a sábado, de 12 a 14h. e de 19 a 22h., e os domingos e festivos de 12 a 14h., estará acompañada dun completo catálogo á venda, no que atopar a explicación e evolución tanto das obras expostas, como doutras tantas, non presentes en sala, pero concebidas coa mesma idea, no mesmo lugar. Así mesmo, a visita estará apoiada por un persoal de sala especialista na materia, que realizará visitas guiadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario