9 de xul. de 2014

O ROSAL

 O PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA INAUGURARÁ O TRAMO DE VIAL CG-4.2 GOIÁN - A GUARDA

  Será o venres día 11 de xullo, ás 11:30 horas.

Silvia Baquero / O Rosal

 Este venres, 11 de xullo ás 11:30 horas, terá lugar o acto de posta en servizo da vía CG-4.2 GOIÁN-A GUARDA.  Asistirán o presidente da Xunta de Galicia,  Alberto Núñez Feijóo e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Mª Vázquez Mourelle, así como alcaldes da zona, empresarios, representantes de diferentes asociacións socioculturais, deportivas, clubs,...

 O punto de encontro é o inicio da vía en Goián (Tomiño).


PRESENTACIÓN DA XXII FEIRA DO VIÑO DO ROSAL E I EDICIÓN DA 10K FEIRA DO VIÑO

DIA:                11 de xullo de 2014.

LUGAR:           O Lagar de Eiras
Picóns de Arriba, 12 - 36760 O Rosal - 986 62 00 53

  
HORA:           13:00 HORAS

 O acto estará moderado polo presentador de Deportes na TVG, Terio Carrera e a orde de intervencións será a que segue:

  • Apertura do acto a cargo de Jesús Mª Fernández Portela, Alcalde do Rosal.

  • Intervención de Charo Tabales Perozo, Concelleira de Cultura, responsable das Exposicións realizadas na Feira do Viño.

  • Intervención Serafín Martínez Acevedo, responsable da 10k e Ángeles Franco Rodríguez, representante de Banco Mediolanum (patrocinador).

  • Intervención de Jose Ramón Lete Lasa, responsable da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

  • Peche do acto a cargo de Jesús Mª Fernández Portela, Alcalde do Rosal.


Finalizada a presentación servirase un viño do Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario