DEPORTES
O equipo cadete do Club Baloncesto Tui, C.B. Tui Construcciones Cal, acadou o ascenso a primeira división galega cadete
Club Baloncesto Tui
O pasado sábado 31 de maio, o equipo cadete do Club Baloncesto Tui, C.B. Tui Construcciones Cal, acadou o ascenso a primeira división galega cadete. Ascenso que chegou despois dunha longa tempada, onde primeiro proclamáronse campións de liga dun grupo zonal de Vigo, paso fundamental para poder xogar a fase de ascenso xunto con outros equipos das provincias de Pontevedra e de Ourense, logrando o noso equipo a única praza do sur de Galicia para ascender a división de honra do baloncesto galego.
Dende o Club Baloncesto Tui felicitamos os xogadores do equipo así como tamén o seu adestrador Miguel Ángel Simón, tanto polo ascenso como pola fantástica tempada que nos brindaron.

Ningún comentario:
Publicar un comentario