ROMERÍA DAS TRINCADEIRAS
Domingo 29 de xuño de 2014
Saímos ás 12:00 horas, dende á praza de Goián en carriolo ata As Trincadeiras, animados por os bombos "Os da Fonte do Frade", e a charanga "A Va K pinta"
O mediodía xantar campestre. Alí haberá polbo á feira e carne ó caldeiro, á prezos populares
Andrea Pousa Barros / Goián
O 29 de xuño de 2014 celebramos en Goián a Romería das Trincadeiras, unfa festa enxebre e chea de diversión donde os veciños de Goián celebran dende o ano 1990, a defensa do monte comunal das Trincadeiras, que pretendían fora expropiado, e utilizar o xabre pra a construción da autopista Vigo-Porriño. Goián opúxose a esta expropiación e, tras acadar a súa vitoria, celebrou anualmente o espíritu das Trincadeiras, unha festa de exaltación coma movemento veciñal e posta en valor dos espazos veciñales.
Os veciños acuden a esta romaría lembrando aquel movemento que alzou a todos en pé de garda, subidos nos chimpins e tractores que desfilan ata as Trincadeiras, e unha vez alí o espíritu das Trincadeiras apodérase dos presentes, nunha festa de unión e lembranza da vitoria lograda aquel ano de 1990.
Este 29 de xuño únete a xente de Goián, e participa con nos nesta festa, estades todos convidados.

Ningún comentario:
Publicar un comentario