25 de xuño de 2014

A GUARDA

CLAUSURA DO  CURSO  “OPERACIÓNS BÁSICAS  DE  PISOS  EN ALOXAMENTO”




Centro San Xerome / A Guarda

 Mañán xoves  26 de xuño, as 11 h. terá lugar o acto de clausura do Curso “Operacións básicas de pisos en aloxamento” que se estivo impartindo para  13  alumn@s  o longo de 8 meses no Centro S. Xerome.



 A importancia deste Proxecto radica na capacitación profesional deste grupo de moz@s con diversidade funcional (usuarios do Centro), que superaron os contidos homologados polo Ministerio de Educación. Estes contidos son os mesmos que se impartiron en calquer outro Centro de formación do Estado español que  ofertara o citado Curso.



 Con motivo da Clausura do Curso,  contaremos coa presenza dun Comité de directivos da Fundación ONCE (entidade financiadora) que entregarán persoalmente os Diplomas acreditativos ós alumn@s.


 Asimesmo contaremos coa presenza de familiares, amigos, …, e tamén coa actuación do grupo XeRock Percusión, que amenizarán  a xornada  dándolle un toque festivo a esta data  tan sinalada.



  Nas imaxes, diferentes momentos do desenrolo do Curso: visitas a instalacións  relacionadas coa rama da hostelería, prácticas  en hoteis, …

Ningún comentario:

Publicar un comentario