RAIGAME 2014. ROMARÍA ETNOGRÁFICA
FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA
UN ANO PARA AMOSAR A RIQUEZA ETNOGRAFICA DE OURENSE
Informa (Texto e fotografías): Santiago Baz Lomba
Cúmprense trece anos dende que a Romaría Etnográfica Raigame comenzara o seu camiño como unha homenaxe á Cultura Popular do noso país, no día das Letras Galegas. Neste tempo, a festa consolidouse como unha reivindicación da nosa idiosincrasia, da nosa identidade, das nosas tradicións, da nosa língua, en definitiva, da nosa Cultura.
Miles de visitantes procedentes da provincia de Ourense , de Galiza, doutras comunidades e tamén de Portugal, achéganse a Vilanova dos Infantes pra disfrutar dun día plagado de actividades relacionadas coa etnografía.
Nesta XIII edición, a organización decidiu dedicarlle a festa aos pequenos museos, centros ou parques etnográficos espallados por toda a provincia, coa intención de dálos a coñecer e facer brotar o xerme que podería ser unha rede provincial coordinada a hora de ofertar visitas e actividades. Para elo preparou unha exposición con paneis informativos e un posto no que os visitantes se poden facer unha idea das diferentes alternativas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario