19 de maio de 2014

TUI

MÁIS DE 250 PERSOAS DISFRUTARON DA XI EDICIÓN DA ANDAINATUDENSE



Club Deportivo Andatui Regodapedra / Tui


O pasado sábado 17 de maio, 260 camiñantes participaron na última edición da Andainatudense Solidaria. 28 quilómetros que combinaron cultura, paisaxe, gastronomía e exercicio físico. Un percorrido que, con Tui coma centro, propón sempre camiñar e descubrir os recunchos naturais que ofrecen este concello.

As actividades da Andaina comezaron o venres 16 e remataron o sábado 17, cando para clausurar o evento, o Club Deportivo Andatui Regodapedra, organizou para os asistentes unha chourizada e a tradicional carreira de aros para os maiores e cativos. A organización realizou unha vez máis unha proposta onde a comida do monte Aloia, o concurso fotográfico e o conxunto de actividades fixeron máis levadeiro o reto dunha ruta de 28 quilómetros e dificultade media.

A faciana solidaria da Andaina, acadou un ano máis os obxectivos previstos. Conseguir colaborar coas iniciativas solidarias do Colexio Xerome Emiliani. Os camiñantes fixeron un donativo solidario de 2 euros na súa cota de inscrición, o que permitiu unha recadación de 520€ para entregar ó Colexio. 

GALERÍA FOTOGRÁFICA DA ANDAINATUDENSE NO FACEBOOK.

Ningún comentario:

Publicar un comentario