ALCALDES
DE 12 CONCELLOS, A DEPUTACIÓN E TURISMO CONSTITÚEN UNHA MESA DE TRABALLO
PERMANENTE PARA POTENCIAR O CAMIÑO PORTUGUÉS CUN PLAN DE ACCESIBILIDADE E
OUTROS DE LIMPEZA, SINALIZACIÓN E SEGURIDADE VIAL
·
Esta ruta xacobea foi utilizada por 50.000 peregrinos
no 2013, cifra que constitúe o 20% de todos os camiños.
·
Só conta con 441 prazas nos seus albergues polo que
Louzán invita a sumarse á iniciativa privada
Alcaldes de 12 concellos por onde pasa o Camiño
Portugués, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a
Secretaria Xeral de Turismo, Nava Castro, o presidente da Asociación de Amigos
do Camiño Portugués, Tino Lores, e técnicos da Xunta e da institución
provincial acordaron hoxe constituir unha Mesa de Traballo permanente para
potenciar esta ruta xacobea que xaacadou no ano 2013 os 50.000 peregrinos.
Así o acordaron hoxe nunha xuntanza que tivo lugar na
Deputación de Pontevedra que será a sede da devandita Mesa de Traballo á que se
incorporarán, en próximas reunións, o xefe de Patrimonio da Xunta na provincia,
para delimitar os tramos, e un representante da iniciativa privada. A Mesa se
reunirá tres veces ao ano.
O Camiño Portugués foi utilizado por máis de 50.000
peregrinos ao longo do ano 2013 dos que pertodun 52% eran estranxeiros. A cifra
representa o 20% dos usuarios de todos os CamiñosXacobeos polos que, o ano
pasado, pasaron 215.000 peregrinos.O Camiño Portugués conta con 441 plazas nos
albergues “a todas luces insuficientes, polo que sería bó que se sumásea esta
Mesa a iniciativa privada”, dixo Louzán.
Financiación
e brigadas
Os reunidos hoxe na Deputación acordaron levar a
cabo un Plan de Accesibilidade no Camiño para o que contratarán un proxecto a
unha consultora e, en función del, determinar a cuantía da inversión para o que
“a Deputación tén disponibilidade presupuestaria” según informou Louzán.
Outros dos acordos acadados foron realizar obras de
mellora da seguridade vial no Camiño en vista dalgúns accidentes acaecidos
recentemente en cruces e puntos concretos do tramo. Para esto Louzán lembrou
que, ademáis das 800 prazas de traballo convocadas pola Deputación para que os
concellos leven a cabo obras municipais, designaránse outras 200 para constituir
4 ou 5 brigadas que melloren a seguridade no Camiño.
Estas brigadas levarán a cabo tamén obras de limpeza
e sinalización en coordinación coa Deputación e a Mesa de Traballo constituida
hoxe.
Nava Castro suliñou que o Camiño “é a imaxe
internacional de Galicia e conta con miles de seguidores e centos de
asociacións no mundo polo que representa un potencial turístico, económico,
social e espiritual que hai que coidar e potenciar”.
Prolongación
a Lisboa e Faro
Polasúa banda, Louzán anunciou que, dentro dos plans
futuros do Camiño e de cara ao Ano Xacobeo de 2021, estáse a estudiar a
prolongación do Camiño Portugués ata Lisboa e Faro. Indicoutamén que a Xunta e
a Deputación xa investiron 300.000 € no tramo pola provincia, obras que serán
visitadas en breve.
Os concellos da provincia polos que pasa o Camiño
Portugués son os de Tui, Porriño, Mos, Redondela, Soutomaior, Vilaboa,
Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures.
Os
datos do mes de abril
No pasado mes de abril, o Camiño Portugués
consolidouse como a segunda ruta xacobea, tralo Francés. Tivo3.552 peregrinos
(120 diarios) e 5.384 pernoctacións, frente aos 11.383 usuarios e 16.921
pernoctacións do Francés. Neste mes de abril, recibiron a “Compostela” 17.348
peregrinos (8.246 españoles e 9.102 estranxeiros).
En abril, os Camiños
mais transitados foron o Francés e o Portugués. O Francés foi elixido por
11.383 peregrinos, o que supón o 65,62%. O Portugués foi escollido por 3.552
peregrinos o que supón que ten un peso do 20,47% sobre o total.
O restos dos Camiños foron seguidos polos seguintes
peregrinos: Vía da Prata: 799 (4,61%);
Camiño Norte: 593 (3,42%); Camiño Inglés: 509 (2,93%); Camiño Primitivo:466
(2,69%); Camiño Muxia-Fisterra cara Santiago: 29 (0,17%) e Outros Camiños: 17
(0,10%).
A ocupación dos albergues públicos integrados na Rede de
Albergues da S.A. de Xestión do Plan Xacobea foi de 29.653 pernoctacións no mes
de abril pasado (delas no Camiño Francés foron 16.921 pernoctacións e no
Portugués 5.348 pernoctacións).
Ningún comentario:
Publicar un comentario