2 de maio de 2014

OURENSE

Máis de 300 gaiteiros danse cita en Ribadavia no IV Encontro de Bandas de Gaitas


• Terá lugar este sábado, 3 de maio, cunha homenaxe o mestre Manuel Vázquez Gregorio, exdirector da Banda "La Lira". 

 320 gaiteiros e cantareiras daranse cita no "IV Encontro de bandas de Gaitas", que organiza e coordina a Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense xunto co Concello de Ribadavia, e que terá lugar mañá sábado, 3 de maio, en Ribadavia coincidindo co inicio da Feira do Viño do Ribeiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario