"É incríbel que a República Galega de 1931 fose ignorada pola maioría do nacionalismo durante décadas"
Cartaz da celebración do pasado ano Festa da República Galega
O 27 de xuño de 1931 proclamouse a República Galega, presidindo Antón Alonso Ríos a autodenominadaXunta Revolucionaria. A chispa que encendeu esta proclamación foi a paralización das obras do ferrocarril Zamora - A Coruña, por non ser consideradas prioritarias, o que deixou sen traballo máis de dez mil traballadores. Unha folga obreira, apoiada por comerciantes e pequena burguesía, levou á ocupación do Salón de Plenos do Concello de Ourense o día 25. Dous días máis tarde oradores galeguistas e comunistas participan nun mitin na Alameda de Compostela, no que Antón Alonso Ríos chamou a facer "a nosa revolución por riba de todos os poderes centrais habidos e por haber, proclamando a nosa independencia e abrazándose, se fai falla, cariñosamente a Portugal"...LER MÁIS.

Ningún comentario:
Publicar un comentario