OS CAMIÑOS DO TREGA, PRÓXIMO DESTINO DOS PARTICIPANTES EN SENDEIROS RÍAS BAIXAS
Vista da foz do río Miño desde o Monte Santa Trega (A Guarda)
Foto: Infogauda
·
Trátase dunha ruta de 7,7 quilómetros, de dificultade
media e no que os camiñantes poderán coñecer unha das paraxes máis atractivas
da provincia
O vindeiro domingo, 1 de xuño, terá lugar a segunda das andainas incluídas
no programa de Sendeiros Rías Baixas,
que levarán aos camiñantes a coñecer unha das paraxes máis atractivas da
provincia, como é o Trega e o seu contorno.
A actividade dará comezo ás 10,00 horas no Mirador de Areses, onde os
camiñantes recibirán información sobre a ruta, así como consellos para que a
andaina resulte o máis doada e divertida. Desde este punto, e na compaña de
guías especializados, iniciarase un percorrido a través de pequenos carreiros
que ascenden polas ladeiras do Monte ata a Ermida de Santa Trega, onde se
poderá disfrutar non só visitar o seu afamado castro, a Pedra Furada e todo o
contorno, senón de espectaculares panorámicas.
Combinar deporte e
turismo
Coa organización destas rutas, a Deputación de Pontevedra pretende promover
hábitos de vida saudable e contribuír á difusión e posta en valor dos recursos
naturais, arqueolóxicos, etnográficos e arquitectónicos da provincia.
Así, á ruta do Tegra que terá lugar este domingo e á que xa se realizou en
Cangas, sumaranse nos vindeiros meses a de Adro Vello-Con Negro en O Grove, o
14 de setembro; a Ruta da Auga, as fontes e os lavadoiros de Parada, en Silleda,
o 12 de outubro; e das Pontes do Lérez, en Forcarei, o 1 de novembro.
Exceptuando a ruta de Forcarei, que ten unha lonxitude de
case 14 quilómetros, as demais sitúanse todas no contorno dos 7 quilómetros e
son todas de dificultade baixa ou media, co obxectivo de facilitar a
participación non só das persoas xa acostumadas á práctica do sendeirismo,
senón a de todas aquelas ás que lle guste camiñar e disfrutar da natureza.

Ningún comentario:
Publicar un comentario