O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA PRESENTA UNHA MOCIÓN SOBRE O POLÍGONO INDUSTRIAL A GUARDA - O ROSAL
- Entre ás propostas de Converxencia Galega está á de instar á Xunta de Galicia á que inclúa nos orzamentos de 2015 unha partida para licitar ás obras na superficie xa adquirida
Beatriz Estévez Álvarez, en calidade de Concelleira-Portavoz do Grupo
Municipal de Converxencia Galega, ven a presentar a seguinte MOCION:
POLÍGONO
INDUSTRIAL A GUARDA- O ROSAL
Pouco
antes das eleccións municipais do 1999, foi cando comenzouse a falar da
construcción dun polígono industrial, para os concellos da Guarda e O Rosal. Transcorridos máis de 15 anos dende ese anuncio, pero para desgracia dos veciños
miñotos, o polígono industrial ainda sigue sendo unha proposta futurista que
xa forma parte do “folclore
electoralista local”, que cada catro anos volta á luz, aparece nos folletos dos
partidos, para logo desaparecer.
Tanto A Guarda como O Rosal
necesitamos unha infraestructura, para acomodar as poucas industrias que temos,
e dispor dun lugar axeitado para ubicar nun futuro novas industrias.
Nestes anos, na Guarda, e tamén no
Baixo Miño temos asistido a unha forte perda de postos de traballo, no sector
da pesca, na construcción, na industria, no comercio local,... Estamos no intre
de poñer elementos para parar esta sangría, en caso contrario en poucos anos
asistiremos a un declive demográfico, social i económico, por non ter postos de
traballo para os nosos vecinos, que estarán obrigados a buscalos noutros
sitios. Debemos lembrarlles, que hoxe
entre a A Guarda e Rosal temos máis de 1.800 veciños no paro. Nestes tres
anos, moi poucas iniciativas houbo sobre este problema.
Por sorte, A Guarda é unha
localidade onde ainda hai un importante tecido empresarial, profesional e
laboral cualificado. Dende Converxencia Galega, pensamos que
debemos poñer en marcha instrumentos e iniciativas para apoiar a todo este
potencial laboral e industrial local. Sabemos que a área industrial
Vigo-Porriño, na cal nós estamos próximos, nestes intres presenta certas
carencias de dotación de solo industrial, carencia que nos vindeiros anos será
máis notoria.
Converxencia Galega propón ó Pleno os
seguintes acordos:
1º) Instar á Xunta que contemple unha partida
orzamentaria no 2.015, dos séus orzamentos para continuar coa adquisición de
terreos para o Polígono industrial entre A Guarda e O Rosal.
2º) Instar á Xunta a ter unha partida nos
orzamentos do 2.015, para que nos terreos xa adquiridos, que forman sobre un
35% da superficie total, licitando as obras de urbanización e acondicionamento
deses terreos, para que sexan operativos no menor plazo posible.
3º) Facer traslado deste acordo, ós concellos
limítrofes, para que se sumen a esta reivindicación.
A
Guarda a 10 de Maio do 2.014
Rexistro de Entrada nº 2567
Data do Rexistro: 13.05.2014
Beatriz
Estévez Álvarez
Sr.
Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario