¿POR DONDE ENTRAN OS PEREGRINOS?
Cada pouco tempo, as nosas autoridades (Alcalde e Concelleira de Turismo) énchense a boca falando do Camiño Portugués pola Costa, así como tamén a súa alteración tradicional de cambiar a rúa Calvario pola rúa San Bernardo, sin que existan referencias históricas desta última.
En moitas das ocasións, os “peregrinos” que nos visitan, diríxense hacia o “Albergue de Peregrinos” existente no noso Concello, seguindo as indicacións que os leva a rúa de San Bernardo, e o “espectáculo que atopan e o que se pode ver na fotografía, as indicacións de haber chegado o sitio, pero a porta trancada cún candado e sin ningún tipo de información nin teléfonos sobre o acceso o mesmo.
Na maioría dos casos, se non atopan algún veciño que os informe, seguen ruta hacia os pobos do Val Miñor, levando un “bo recuerdo” do trato recibido. ¿Será posible que ata o día de hoxe, o Alcalde e a Concelleira de Turismo non caían no tema? ¿Será que non pasan nunca polo lugar? ¡Temos constancia que en diversas ocasións varios peregrinos se teñen queixado ao persoal que lles ten aberto a porta pola rúa Puerto Rico por estar abandonados durante horas esperando que “alguén” fixera acto de presencia!
A deixadez e “mirar para outro lado” no que son especialistas os Concelleiros/as do P.S.O.E, veñen a demostrar unha vez máis que o séu proxecto e interés por facer algo polo pobo de A Guarda non existe e somentes están a espera de que se esgote o tempo desta legislatura, sin importar o retroceso industrial, comercial e hostelero local que estamos sufrindo, iso que o que dí o pobo en xeral, frase da que eles son moi especialistas cando queren colgarlle algún “san benito” a calquera que non sexa da súa confraría.
Para mostra un botón, xa que seguimos mantendo que unha imaxe dí máis que mil palabras, os feitos son tozudos e non dan ocasión de desmentir o que se está informando o pobo en xeral para que se faga unha idea das máns nas que estamos.
A Guarda, a 16 de Maio do 2.014
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario