O CONCELLO PROMOVE VISITAS DIDÁCTICAS
As visitas guiadas participativas serán o Monte Santa Trega, Museo do Mar e Fortaleza de Santa Cruz
O Concello de A Guarda ven de dar á coñecer unha proposta de visita didáctica que contempla unha xornada en A Guarda, e visitar tres elementos patrimoniais de gran interese: Monte Santa Trega, Museo do Mar (porto) e Fotaleza de Santa Cruz (casco urbán) mediante visitas guiadas participativas. Ademais a xornada completaríase cun obradoiro e co envío de material didáctico para traballar no centro escolar.
Para coñecer esta campaña pinche na presentación e o formulario - que a día de hoxe, 22 de maio de 2014, non está operativo - para solicitar a visita. Igualmente ofértarse a visita guiada individual a un destes espazos.
Pode contactar coa Oficina de Turismo da Guarda para solicitar máis información.

Ningún comentario:
Publicar un comentario