¿NAS PROPIEDADES PRIVADAS, FAN TRABALLOS OS OBREIROS DO CONCELLO?
Fai un par de días, calquer veciño que transcurrira pola rúa Secundino Melón, atoparía a dous empregados municipais cargados de ferramentas. Se encontraría ca imaxe de como procedían o tapiado da entrada dun terreo existe nesa rúa. ¿Porqué tiña que facerse esa laboura con personal do Concello? ¿Será que é propiedade municipal? A publicidade existente na súas fachada parece indicar quer non, pero co oscurantismo co que funciona o noso Concello, calquer cousa é posible. ¡Somos tan “cándidos” que é posible que sen anuncio nin nota de prensa, o Sr. Alcalde, procedera a comprar dita parcela para uso municipal. Por certo, co tapiado, deixaron dentro a caseta de obra e o mexadeiro!
Sería importante saber, que si todos somos iguais diante da Lei, tamén o seremos no trato cidadán diante das diversas Administracións ¿Será verdade?
¿Poderán tódolos/as guardeses/as solicitar cando teñen unha avería ou un arranxo nas súas vivendas para que lle envíen persoal do Concello a facerlle a obra que precisen? ¿De quén será a parcela para que teña un trato tan especial? ¿Procederían a notificarlle os propietarios a obriga de manter o lugar en condicións de decoro, adecentamento e sen riscos sanitarios e de non facelo, abrirlles expediente sancionador? Seguro que non. ¡Somos tan bós, que namentras a algún pensionista, parado sen ingresos ou con ingresos mínimos, non temos inconvinte en embargarlle a conta bancaria! Distinto é cando se trata dunha inmobiliaria ou de un banco, aquí xa “retrucamos”.
A deixadez e “mirar para outro lado” no que son especialistas os concelleiros/as do P.S.O.E, veñen a demostrar unha vez máis que o séu proxecto e interés por facer algo positivo polo pobo de A Guarda non existe e somentes están a espera de que se esgote o tempo desta lexislatura, e de ser posible facer “favorcillos” os amigos ou os poderosos.
Para mostra un botón, xa que seguimos mantendo que unha imaxe dí máis que mil palabras, os feitos son tozudos e non dan ocasión de desmentir o que se está informando o pobo en xeral.
A Guarda, a 14 de Maio do 2.014
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario