23 de maio de 2014

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PRESENTA UNHA MOCIÓN DE APOIO Á INDUSTRIA DA FLORICULTURA, SILVICULTURA E CULTIVO DE PLANTA ORNAMENTAL


Beatriz Estévez Álvarez, en calidade de Concelleira-Portavoz do Grupo Municipal de Converxencia Galega, ven a presentar a seguinte Moción:

Apoio á industria da floricultura, silvicultura e cultivo de planta ornamental.

Nos anos 80 pónse en marcha unha nacente industria baseada na producción de flor. 30 anos despois, tanto na Guarda, como no Baixo Miño é un sector empresarial basado en empresarios locais, con tecnoloxía propia, redes de comercialización local,  internacional propias, que xeneran +800 empregos, a maioría dos mesmos estables ó longo do ano.

O producto das empresas do sector da floricultura do Baixo Miño, teñen unha merecida fama internacional; os seus profesionais i empresarios tamén teñen un recoñecido prestixio. Nalgúns sectores productivos como o da camelia, somos todo un referente internacional.

Pero todo este saber facer empresarial, técnico, profesional, comercializador,... atópase cunha barreira fiscal que está a resultar un obstáculo, que pode tirar por terra todo este esforzo de moitas décadas, ocasionando o peche destas industrias, e a conseguinte perda de postos de traballo. Polos empresarios miñotos, sabemos que a barreira impositiva dun IVE ó 21% ou 26% resulta unha importante traba, cando os nosos productores teñen que competir con empresas europeas, onde o IVE é reducido, con niveis medios entre o 5% ó 8%.

Debemos lembrar, que as frores e outras plantas ornamentais, son elementos perecedeiros, tal que a súa vida de mercado non vai máis aló dos 10 días; é un producto que non pode ser almacenado durante meses e meses,..., o seu período de vida comercial é moi curto.

Hoxe as relacións empresariais e comerciais das nosas empresas venden en Orente Medio, USA, en toda Europa; compran flor en Colombia, Costa Rica, Thailandia,... xerando un volumen de 25 toneladas de frores por semana. Unha riqueza, que unha decisión administrativa e política do Goberno Central está a poñer en risco de desaparición.

Dende Converxencia Galega, vimos a propor ó Pleno do Concello a toma dos seguintes acordos en apoio ó sector productivo de floricultura e plantas ornamentais do Baixo Miño.

1º)  Solicitar do Goberno Central a reducción do IVE do 21% actual, a niveis similares ós que teñen outros países como Holanda ou Portugal, aplicándo un tramo entre o 6% ó 8%.

2º)  Solicitar do Goberno Central unha reducción do IVE do sector comercializador minorista (floristerías) que teñen un 26% de IVE; a niveis reducidos, por ser un producto perecedeiro e de curta vida comercial; aplicándolle un tramo reducido, similar ó do punto anterior.

3º)  Dar traslado deste acordo Plenario ó Congreso dos Deputados.

A Guarda  a 10 de Maio do 2.014

Rexistro de Entrada nº 2568
Data de Rexistro: 13-maio-2014
  
Beatriz Estévez Álvarez
  

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario