A DEPUTACIÓN INICIOU HOXE OS OBRADOIROS DE AUTOEMPREGO E COOPERATIVISMO NO
MEDIO RURAL NA MANCOMUNIDADE DO ULLA
·
A próxima xornada desenvolverase o mércores 9, na que os
asistentes recibirán formación sobre Fórmulas de autoemprego
A Deputación de Pontevedra iniciou hoxe no concello de
Portas, os obradoiros de autoemprego e cooperativismo no medio rural no marco
do proxecto aQuelando3, nunha xornada na que estivo presente a deputada
provincial Begoña Estévez.
Durante a mañá, os técnicos da rede EUSUMO da Xunta de
Galicia asesoraron aos participantes na detección de necesidades e ideas de negocio innovadoras e levaron a cabo
casos prácticos, coa colaboración de FADEMUR (Federación de Asociación de
Mulleres Rurais) e COGAMI.
A próxima xornada desenvolverase o vindeiro mércores, día
9, na que os asistentes recibirán formación sobre Fórmulas de autoemprego,
nunha actividade na que colabora AEMPE, e téncicos do IGAPE informarán das axudas
ao emprendemento.
A xestión das cooperativas será o último dos temas que se
abordará nestas xornadas, tamén da man de técnicos da Rede EUSUMO.
Labor
conxunta
A este obradoiros seguiranlle outros cinco que se
desenvolverán nas comarcas de Arousa, Baixo Miño, Deza, Val Miñor e
Condado-Paradanta, co obxectivo de impulsar o autoemprego así como formar e
asesorar aos emprendedores sobre
diferentes aspectos, como os estudos de mercado, as axudas, a xestión de
cooperativas ou as diferentes fórmulas de autoemprego reguladas en España e en
Galicia.
Estas actividades forman parte do convenio do Pacto pola Calidade
e a Productividade Social no Emprego, co que a Deputación, por medio do
proxecto aQuelando3, pretende implicar aos axentes sociais e ás administracións
supramunicipais no desenvolvemento do rural e dunha economía máis social.
Con este obxectivo, asinouse un convenio coas mancomunidades
dos Vales Ulla-Umia, do Salnés, do Baixo Miño, de Terras do Deza e de
Municipios do Val Miñor, así como co Grupo
de Desenvolvemento Rural Condado- Paradanta, Cruz Vermella Española, COGAMI,
FADEMGA, Cáritas, Fundación Érguete, a Federación de Asociacións de Mulleres
Rurais, a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia), a Asociación de
Jóvenes Empresarios (AJE); a Asociación de Empresarios de Mediana e Pequena
Empresa(AEMPE) a Asociación Provincial de Autónomos de Pontevedra, a Asociación
de Empresarias de Pontevedra, os sindicatos CC.OO e UXT e a Universidade de
Vigo.
Creación de
Servizos de proximidade
Ao abeiro deste convenio organízanse os obradoiros de
autoemprego e outras accións encamiñadas a promover, por medio da acción
conxunta, o emprego nos diferentes concellos da provincia, con especial
incidencia na creación de servizos de proximidade.
Neste sentido, todas as organizacións implicadas
participan na planificación dos obradoiros e das actividades que se desenvolven
nos diferentes municipios, co obxectivo de adecuar as mesmas á situación e ás
necesidades concretas de cada área.

Ningún comentario:
Publicar un comentario