5 de abr. de 2014

OIA

VANDALISMO NA IGREXA DE OIA


    ACAMO / Oia

  A principios de 2013, a Asociación Cultural Amigos do Mosterio de Oia (ACAMO), ante o estado de deterioro das ventás da igrexa monacal, acomete a reposición de dúas delas, a da capela maior, e a dunha das capelas da cabeceira. No outono repón a situada na zona occidental do brazo Sur do cruceiro. Estas reposicións a Asociación finánciaas co recadado nas visitas guiadas ao mosteiro. 

  Animada por esta iniciativa de ACAMO, a veciña de Santa María de Oia, Ester Estévez González, quen se encarga de acompañar ós que o solicitan na visita á igrexa, decide que o euro recadado nesta actividade se adique á reposición das tres ventás situadas enriba do arco triunfal. A finais de febreiro de 2014 colócanse outras 2 ventás, esta vez da parede Sur da igrexa, unha delas fundamental para a conservación dun retablo. 

  Pois ben, onte venres descubriuse que entraron na Igrexa monacal de Oia, e a entrada produciuse reventando a ventá do cruceiro (xusto unha das que pagou ACAMO) e levárona. Aproveitando a entrada na Igrexa, reventaron o sagrario e os petos das velas.  

  Dende ACAMO condenamos este acto de vandalismo e esperamos que non se volva a repetir, porque o noso patrimonio non merece estes actos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario